Xan. 08.

 A última época de #apple vista por un #fanboy 

As que me coñecedes e as que me seguides en twitter, e de rebote en facebook ou calquera outra rede social, saberedes que son calificado por moita xente de fanboy de apple, e non podo negar que teño un #macbookPro de 13 pulgadas de mediados de 2010, un #iPad4 e un #iPhone6plus e até fai pouco tempo usaba todos os seus servizos (mail, appstore, en familia da appstore, icloud, podcasts, mensaxes, applemusic, fotos…) e estaba moi contento de como estes funcionaban e melloraban pouco a pouco.

Tampouco podo negar que na miña casa todas sexamos usuarios de apple en maior ou menor medida.

Vouvos pegar aquí un comentario feito na páxina de @AgosReigosa, xa que recolle a miña chegada ao mundo apple.

A miña historia con Apple nace a raiz de regalarlle o que eu entendía como un timo á miña muller, un macbook “blanquito”… de aí pasei ao meu primeiro iPhone, un 3G de movistar (viña xa de ter dous “móbiles” windows mobile) e un macbook pro 13pulgadas de mediados de 2010, que segue a ser o meu equipo principal.

Despois disto pasei por 3GS, 4, 4S, 5S, 6plus… mentras na casa apareceron ou herdaron outro macbook pro de 13 (este retina, substituíndo ao blanquito), o meu iphone 5S (pasou por Celia e agora teno Adri) un iPhone 6 (Alex), un iPhone 6S (Celia), un MacMini (Adri).

En definitiva un fanboy namorado por completo até que nos últimos tempos comezo a dubidar se seguir con apple ou darlle unha oportunidade a Android. 

Unha vez feitas as presentacións imos ao gran, na última época os servizos de apple, no mellor dos casos estancáronse, e no peor empeoraron gravemente até que tiven que deixar de usar algúns deles.

  • Como pode ser que en familia de appstore sexa unha ruleta, hoxe funciona, mañá non funciona… pero maioritariamente non funciona, e claro entón a subscrición “en familia” de applemusic tampouco funcione a maioría dos días.
  • Como pode ser que Podcast sincronice só cando quere, e o problema é que non quere moitas veces, a maioría das veces para ser claro.
  • Como pode ser que o iOS usando o spotlight as veces atope contactos, apps, correos e as veces, moitas, se quede en branco.
  • Como pode ser que maildrop funcione só cando quere.
  • A negativa de apple a crear o módulo de idioma en galego, ignorando totalmente a campaña @AppleEnGalego. Podedes ver información sobre a campaña na seguinte ligazón.

En definitiva o que era un ecosistema crecendo e mellorando agora da pasos adiante e pasos atrás, pero cada vez máis cara atrás.

Por non falar que Apple pecha o aceso a terceiros, por exemplo, en canto a reloxos intelixentes ou pillas o AppleWatch ou os servizos quedan moi limitados.

Si, xa sei, por que non me cambio a Android, pois esa é a pregunta, e ten sinxela -ou non- resposta, todas na casa en maior ou menor medida usamos o ecosistema apple e estamos contentos coa interconexión que nos dá, cando funciona, e sobre todo estamos contentos co hardware, cos iPhones.

Mentres tomo a decisión o que si estou comezando a cambiar son os servizos que a competencia da en igualdade ou mellor que Apple, preparando o cambio, se ao final o hai, a Android.

  • Fotos vouno combinar con PremiumFotos de Amazón.
  • AppleMusic Familiar cambieino por Spotify.
  • iCloud será cambiado por Amazón Drive ou One Drive de Microsoft, aínda sen decidir. Este cambio acaba de ser abortado, a integración de Amazón Drive con iOS é CERO, polo que seguiremos usando iCloud.
  • Teño case decidido pillarme o Samsung Gear S3 aínda que o AppleWatch de Alexandre tírame e moito!! Acabei pillándoo, grazas á oferta do ElCorteInglés do día sen IVE, xa vos contarei que tal vai cando me chegue.

En definitiva, isto é un desafogo, un expoñer en público ás miñas dúbidas, un non sei que facer cando teña que cambiar o meu #iPhone6plus, por un lado sigo contento con como funcionan os iPhones, pero cada vez menos, e por outro lado teño gañas de probar os android de gama alta e, claro está o que máis me tira deles é o prezo e a posibilidade de pór o Android en Galego.

Rematando, en nadal de 2017 tocará cambiar de móbil e estou comezando a mirar os android de gama alta, o favorito é o Huawei Mate 9, ao mellor nese momento xa o Huawei Mate 10, a non ser que polo medio microsoft esperte ou o S8 me namore ou como moitas pensades acabe mercando o iPhone8, 10 ou como sexa que lle acaben chamando.

Cada actualización que lle fago a este artigo véxome máis seguindo en Apple, con todos os seus peros…

Algunha outra idea?

 

Por Onosolar | Publicado en Bitácora, Cabezallo, Onosolar, Queremos Apple Galego, Tecnoloxía | Comentarios e Trackback pechados