Xan. 03.

15 días cun @pebble Time: acertei

Actualización.

Penosas as últimas actualizacións da app ou do reloxo, non acabo de saber de quen é a culpa, pero o que era unha gozada de reloxo converteuse nun medio estorbo, desconexións continuas, actualizacións que chegan cando queren… resistía esperando por unha nova actualización, pero nestas que desaparece a empresa, mercada por fitbit e di que non vai dar soporte… e que sacará máis adiante (a saber cando) unha actualización que non dependa dos seus servidores…

En fin, adeus Pebble.  

Artigo orixinal.

Se lestes o título xa sabedes que a valoración vai ser positiva, imos colgar primeiro os chíos que fixen sobre el os primeiros días e despois cóntovos facendo un pouco a competencia a http://mallandonoandroid.gal. Recordade que o análise está feito usándose desde un iPhone, en Android permite máis cousas en canto ás notificacións.

IMG_7275

Como vedes as sensacións son boas, moi boas chegaría a dicir, pero imos analizar por partes, ah!, aviso, análise de uso, nada de tecnicismos, tipo procesador, capacidade da batería… só uso.

Pantalla e hardware.

Pebble

A min seméllame bonito, pero como todo é cuestión de gustos, xa sería a repera se o marco interior negro non existise… pero iso é para o 2, que xa sabedes, se lestes os chíos, que acaban de sacar o Pebble Time 2, coa pantalla máis grande, acerto!

Os botóns funcionan perfectamente e recordo que a pantalla non é táctil, cousa que non me supuxo ningún problema.

A visibilidade da pantalla é unha gozada cando estás en zonas e luz, que sexamos claras, é cando máis uso fas do reloxo, en interior ou en zonas de sombras ás veces costa ler, aínda que isto solucionase coa luz, que pode activarse manualmente ou por movemento do pulso.

As cores son as que son, non pensedes que está feita para ver fotos, nin valería nin se ven.

A pantalla é un pouco pequena sobre todo para os que comezamos a ter algo de presbicia, pero pode lerse se a pos como é o meu caso en tamaño de texto “Más Grande”.

Aínda que é de software aproveito para dicir que as esferas son intercambiábeis desde o propio reloxo despois de ser instaladas desde o teléfono, e hai bastante variedade, e poden incluír datos do tempo, dos pasos… e, si, incluso a hora.

Nas imaxes podedes ver as tres que máis uso: Real Weather, Moderm e a Business Time, pero esta é de pago, menos dun euro, pero de pago.

Ten micro e funciona moi ben, aínda que para os que temos iOS é como non telo, pero instalei una app de notas de voz, Voice Note, e convirte o que escoita en texto perfectamente… si hablas castellano, claro.

Outra cousa, non ten GPS nin sensor para as pulsacións, pero polo pouco que lin, o Pebble Time 2 si que vai ter sensor para as pulsacións, e para ambos, hai en marcha unhas correas que lle inclúen GPS e máis batería: ligazón

Batería e cable cargador.

IMG_7273

No meu caso, que sabedes que lle dou caña aos trebellos, só me é necesario cargalo dúas veces á semana e a carga é superrápida, en menos de dúas horas e xa está ao 100%, non chego a saber cando está ao 100%, xa que o cargo ao chegar a casa ao medio día ou noite, e o poño ao saír ou ao ir para cama.

Para que vos fagades una idea do meu consumo de batería, a do iPhone6Plus non me dura sempre o día.

En canto ao cable, ben, penso que os imáns poderían ter máis forza, pero sen problema. Ah!, vén sen cargador.

Un detalle que esquecín, é somerxíbel, tal e como podedes ver na foto da parte traseira.

IMG_7272

Software e uso.

Tanto o software do reloxo como o da app poden ser instalados en varios idiomas, pero como era de esperar non temos entre elas o galego, si temos o portugués.

O reloxo para a súa comunicación co iPhone precisa dunha aplicación, Pebble, que fai perfectamente as súas funcións, e agora, na nova versión co engadido do apartado “saúde” no cal conta pasos, tempo de sono… e detecta automaticamente períodos de actividade, e di, aínda non o puiden probar, que detecta tamén brazadas cando nadas, iremos vendo. A min polo momento tanto a un partido de fútbol como a unha partida de pádel chámalles “Paseo Largo”.

Tamén ten unha versión de alarma que di despertarnos no momento ideal… non sei se é iso ou despertar co vibrador, pero desperto mellor.

Toda a actividade rexistrada pode engadirse a aplicación “Salud” e iOS.

IMG_7224

En canto a instalación de apps de terceiros faino sempre ao través da app do iphone e funciona correctamente, e hai apps para case todo, como sempre, boas, malas, regulares…

Non falei nada do software do reloxo… por que? é que non se nota que está, traballa perfectamente, ten o necesario, incluso ten cortinillas máis ou menos bonitas para algunhas funcións, pero é rápido e sen erros

Notificacións.

Toda notificación que recibas no iPhone será recibida e lida no pebble, así de sinxelo. Salvo as fotos, que non as podes ver.

E claro está podes dicir cales si e cales non.

Cal é o problema, pois que non podes ter unhas repostas prefixadas para dicir: Ok, Chámote, Non ou responder usando o micrófono.

De quen é culpa, de Pebble? non, das limitacións de Apple, que espero que caian algún día e poidamos prefixar respostas como se fai en Android, ou incluso contestar co micrófono, e por que non, usar Siri desde o reloxo!!

IMG_7270

Conclusións.

Acertei coa compra, e isto dito por un ao que moitos considerades fanboy de apple pois xa di moito, non?

Agora só espero que apple acabe eliminando as limitacións e poida respostar desde o pebble.

Gústame máis o de apple, teño ollos, pero non estou disposto a cargar o reloxo todos os días nin pagar 369/419 € se teño un pebble por menos de 300 €, no meu caso 123 €.

Xa sei que hai a quen lle dura a batería dous días, pero tamén hai a quen a do iPhone6plus lle dura 2 días e a min non me chega a un día moitas veces.

Isto vai facer que me esqueza do whatch? Até que saia o Whatch 2, si, despois xa veremos!


Segunda edición con correccións ortográficas e anotacións grazas a chíos de @Pobretolo.

Terceira edición feita á vez que escoitaba un podcast de @AgosReigosa (capítulo 4 de decote) sobre o tema: ligazón

Por Onosolar | Publicado en Bitácora, Onosolar, Tecnoloxía | Comentarios e Trackback pechados