Dec. 07.

Queremos Apple en Galego (@AppleEnGalego)

Xa Estamo Na Rede

Xa está en marcha a miña última chaladura…

Un 19 de outubro pola noite tomei a decisión de por isto a andar, pero debido as ocupacións laborais, eleccións no ensino publico galego, non puiden por a andar a páxina até hoxe, día 7 de decembro de 2014.

Como algúns xa saberedes desde o 19 de outubro si está activo un twiter @AppleEnGalego para ir recollendo apoios e publicitar a iniciativa.

A iniciativa nace con idea de lograr o éxito, pero non somos ilusos, sabemos que non vai ser sinxelo, por iso a idea é ir pouco a pouco, con decisión pero sen pensar que nos imos comer o mundo en dous días.

O primeiro que fixemos foi pornos en contacto con #AndroidEnGalego para ver como fixeran eles, e desa conversa naceu este plan de actuación.

1) Analizar e fixar os obxectivos da campaña: como funciona o galego en Apple, que sentimento teñen cara ela, que queremos, cando o queremos e como o queremos.
2) Facer unha páxina onde recoller e centralizar os recursos e utilidades que xa haxa en galego.
3) Buscar responsábel de apple para as linguas: será cuestión de botar horas na rede investigando quen leva o tema de idiomas en Apple (quen se encarga de buscalo?).
4) Elaborar a campaña: unha recollida de sinaturas, axuda moito a visualizar a campaña.
5) Contactar coa compañía: neste caso, o máis “doado” será Apple España por proximidade.
6) Fixarse unha data para o envío desas sinaturas, no noso caso a Apple, e facer un pouco de ruído co tema.
Como vedes o apartado 2 xa está nacendo. O resto irá pouco a pouco, conto co voso apoio, e espero que traballo.
QueremosAppleGZ Barra

Por Onosolar | Publicado en Ligazóns, Lingua, Queremos Apple Galego, Tecnoloxía | Comentarios e Trackback pechados