Feb. 26.

9 de marzo. Folga Xeral no Ensino Galego!!

Non á LOMCE! Non aos recortes!

Lei galega de educación!

Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público acordou convocar folga para o día 9 de marzo en todos os niveis educativos do ensino de Galiza, mantendo as nosas reivindicacións e accións propias que dan continuidade ás que xa vimos realizando.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está comprometida en continuar na loita contra a LOMCE até a súa derrogación de nitiva e en paralizar os recortes que están desmantelando o ensino público.

Temos razóns mais que sobradas para denunciar o engano e a farsa que supón o punto de arranque do chamado “pacto pola educación” proposto polo PP, cuxo obxectivo non é outro que consolidar os principios e fundamentos da LOMCE, revestidos agora da auréola do “pacto pola educación”.

Por Onosolar | Publicado en CIG-Ensino, Ensino, Mobilizacións | Comentarios e Trackback pechados