Dec. 04.

A CIG convoca concentracións o martes 4 de decembro diante dos xulgados en contra da represión sindical

A central denuncia os intentos de criminalizar a contestación social aos recortes coa reforma do Código Penal que prepara o PP. 

A CIG ten convocadas concentracións este martes, 4 de decembro, diante dos xulgados das distintas cidades galegas para denunciar os intentos de criminalizar a contestación social aos recortes, de rexeitamento á reforma do Código Penal que prepara o PP, así como para amosar a repulsa ás novas taxas xudiciais impostas polo Goberno español. As protestas enmárcanse na campaña que a central nacionalista está desenvolver contra a persecución e represión sindical, concretada na folga de fame que a CIG está a desenvolver dende hai unha semana en Pontevedra contra a condena a prisión a tres sindicalistas.
En Pontevedra a concentración terá lugar ás 12:00 horas, ao remate dunha asemblea de delegados/as, diante da Audiencia Provincial, onde está instalada a caravana, no cruce das rúas Rosalía de Castro e Reina Vitoria.
No resto das cidades os lugares e as horas son:
Compostela: ás 12:00 horas, nos xulgados de Fontiñas.
A Coruña: ás 12:00 horas, nos xulgados da Rúa Monforte.
Ferrol: ás 10:30 horas, diante dos xulgados da Rúa Coruña.
Lugo: ás 12:00 horas, nos xulgados da Praza Avilés.
Vigo: ás 11:30 horas, diante dos xulgados na rúa Lalín.
Ourense: ás 12:00 horas, diante do Pazo de Xustiza

Por Onosolar | Publicado en CIG | Comentarios e Trackback pechados

Etiquetas: , , , ,