Dec. 31.

Adeus 2015!


O ano 2015 é sinxelo de resumir para min.

É o ano no que naceu Aner.

Non, non é o da foto, o da foto son eu con case un ano da man da persoa coa máis discuto e seguirei a facelo, pero a persoa que me axudou a ser como son; bo, malo ou vai saber ti xa depende de quen estea lendo.

Non hai foto de Aner xa que os pais de Aner teñen máis senso ca eu e non queren fotos do peque polas redes.

Que quen é Aner, pois é o fillo de Silvia e Carlos, é dicir, o meu sobriño.

A parte de Aner neste 2015 podo presumir de cumprir os dous propósitos que me propuxen (si, tardei 44 anos, pero ao fin logrei cumprir os propósitos de ano novo) que eran facer deporte regularmente e non roubarlle tanto tempo á miña familia para dedicarllo a Galiza, si, aínda que soe pretencioso, moito do tempo que tiña que estar con Celia, Alexandre e Adrián non o estaba, sempre había unha mani importantísima, unha reunión á que non podía faltar… E este ano conseguín ser un pouco máis egoista, aínda que as veces iso me traia mala conciencia, de todas formas o mundo seguiu a rodar, mellor ou peor xa é outra historia, nunca se me dou ben a modestia, e sobre todo a falsa modestia.

Para o 2016 só me propoño tomar definitivamente unha decisión (ao mellor xa a tomaron ou toman por min) que veño aprazando anos, e unha vez tomada, sexa A, B ou C, ser consecuente e tirar para diante, a miña cabeza, familia e compañeiras non poden estar esperando indefinidamente.

Nada máis, desexarvos un bo 2016, e para min (que non para NÓS) conformo con que sexa como o 2015.

Grazas a todas por estar aí!

Seguiremos loitando polo Oroso que merecemos, pola Galiza coa que soñamos e polo Ensino que DEBEMOS TER!

2015 Nadal

Por Onosolar | Publicado en Bitácora, Onosolar | Comentarios e Trackback pechados