Aplicacións Imprescindíbeis para o iPod, iPhone e iPad

Un moi bo amigo e compañeiro escribíame fai un tempo pedíndome que aplicacións instalaría non seu novo iPad, como esta pregunta xa a tiven que contestar noutra ocasión ocorréuseme facelo por escrito. Hoxe volvo actualizar esta nova despois que outra amiga comprase o novo iPad (que envexa, que non envidia) e me pedise o mesmo.

Agruparei as aplicacións en gratuítas e de pago.

Aplicacións Gratuítas.

  • Conxugador e tradutor de Galego. INDISPENSÁBEIS!!
  • Dicionario Real Academia Galega. Unha vez que conseguiron cargarse o de galapps é o que temos.
  • Imos. A guía social galega.
  • Dropbox. Disco duro virtual. Cada vez máis imprescindíbel como almacén, para o día a día iCloud o mellora.
  • SkyDrive. Disco duro virtual de microsoft
  • Flickr. Almacenaxe e compartición de fotografías.
  • Vimeo.
  • Snapseed. Editor de fotografías. Deixeino de usar, o que no quere dicir que non fose moi, moi bo… cóntanme que segue a mellorar. Agora é gratuíto, co que a máis do cambio de lugar na páxina, mellora a súa apreciación, non?
  • Instagram. “Editor” social de fotografías. Segue sen versión para iPad, aínda que nestes días está lanzando a versión web. Mentres non confirmen a súa política de propiedade das fotos, posterior á compra por parte de Facebook, para os profesionais da fotografía quedará en corentena.
  • iBooks combinado con Kindle son unha gozada que converten o noso iPad nun ebook, iso si, un pouco pesado na cama.
  • Twitter. Ver nas aplicacións de pago o Tweetbot, para min mellor opción, entre outras cousas pola sincronización entre iPhone/iPad/mac.
  • Facebook.
  • imo instant messenger for iPad“Messenger” multiconta (gtalk, live, microsoft, facebook, apple…). Na miña opinión desbancado desta lista por BeejiveIM (ver sección de aplicacións de pago).
  • Flipboard. Lector de RSS, twitter, facebook… A min non me acabou de convencer esta forma de ler as redes sociais, pero vai moi, moi ben.

Aplicacións de Pago.

  • Tweetbot Aínda que é de pago para mín moito mellor que a aplicación oficial para o Twitter, o único pero é que a temos que pagar tres veces, para iPhone, para iPad e para Mac, e aínda así vale a pena entre outras cousas pola sincronización entre iPhone/iPad/mac.
  • BeejiveIM. “Messenger” multiconta (gtalk, live, microsoft, facebook, apple…), agora tamén con versión para iPad, ten versión de pago que inclúe todos os (ou case) os servizos de chat, ou versións gratuítas por separado. iPad iPhone
  • ContactsXL indispensábel para enviar correos ou SMSs a grupos.
  • Pages. Procesador de texto de apple que combinado con iCloud é unha gozada.
  • Numbers. Folla de Cálculo de apple que combinado con iCloud é unha gozada.
  • Keynote. Presentacións ou diapositivas de apple.
  • iMovie. Editor de vídeo de apple.
  • iPhoto. Editor e organizador de fotografías de apple.
  • djay. Convertiredes o voso Mac, iPad, iPhone ou Ipad nun Sistema DJ con dous platos de música. Ideal para festas. Recomendado por @susobermello e creo que foi unha das primeiras aplicacións coas que xoguei nun iPad I da man de @franalvarezzz
  • Paper. Se vos gusta tomar notas a “lapis” ou esbozos este é o voso programa.

Evidentemente a esta lista hai que sumar todas as das funcións de Google que usedes.

Seguro que se me esquecen un montón, así que espero a vosa axuda para ir mellorando a lista.

Última actualización o 28 de decembro de 2012