Categorías
Bitácora Onosolar Queremos Apple Galego Tecnoloxía

 A última época de #apple vista por un #fanboy 

As que me coñecedes e as que me seguides en twitter, e de rebote en facebook ou calquera outra rede social, saberedes que son calificado por moita xente de fanboy de apple, e non podo negar que teño un #macbookPro de 13 pulgadas de mediados de 2010, un #iPad4 e un #iPhone6plus e até fai pouco tempo usaba todos os seus servizos (mail, appstore, en familia da appstore, icloud, podcasts, mensaxes, applemusic, fotos…) e estaba moi contento de como estes funcionaban e melloraban pouco a pouco.

Tampouco podo negar que na miña casa todas sexamos usuarios de apple en maior ou menor medida.

Vouvos pegar aquí un comentario feito na páxina de @AgosReigosa, xa que recolle a miña chegada ao mundo apple.

A miña historia con Apple nace a raiz de regalarlle o que eu entendía como un timo á miña muller, un macbook “blanquito”… de aí pasei ao meu primeiro iPhone, un 3G de movistar (viña xa de ter dous “móbiles” windows mobile) e un macbook pro 13pulgadas de mediados de 2010, que segue a ser o meu equipo principal.

Despois disto pasei por 3GS, 4, 4S, 5S, 6plus… mentras na casa apareceron ou herdaron outro macbook pro de 13 (este retina, substituíndo ao blanquito), o meu iphone 5S (pasou por Celia e agora teno Adri) un iPhone 6 (Alex), un iPhone 6S (Celia), un MacMini (Adri).

En definitiva un fanboy namorado por completo até que nos últimos tempos comezo a dubidar se seguir con apple ou darlle unha oportunidade a Android. 

Categorías
Bitácora Onosolar Tecnoloxía

15 días cun @pebble Time: acertei

Actualización.

Penosas as últimas actualizacións da app ou do reloxo, non acabo de saber de quen é a culpa, pero o que era unha gozada de reloxo converteuse nun medio estorbo, desconexións continuas, actualizacións que chegan cando queren… resistía esperando por unha nova actualización, pero nestas que desaparece a empresa, mercada por fitbit e di que non vai dar soporte… e que sacará máis adiante (a saber cando) unha actualización que non dependa dos seus servidores…

En fin, adeus Pebble.  

Categorías
Bitácora Tecnoloxía

A miña opinión sobre #TomTomGo de @TomTomSpain para #iOS

TomTomGo

Categorías
Bitácora

A miña opinión sobre @waze

Aquí podedes ler a miña opinión sobre o “TomTom” de Google en seis chíos.

img_5948

Categorías
Bitácora Onosolar

Adeus 2015!


O ano 2015 é sinxelo de resumir para min.

É o ano no que naceu Aner.