Arquivos de Categorías:Tecnoloxía

Ligazóns, novas, artigos… sobre tecnoloxía, como sempre en Galego

Nov. 25.

[#MercadillOnL] Vendo Gear S3 frontier impecábel. Só 250€

Reservado!

Vendo Gear S3 frontier de Samsung impecábel.

O 24 de xaneiro fai un ano polo que lle resta un ano de garantía. (máis…)

Nov. 05.

As FOLGAS non serven para nada

VI capítulo

Apple en Galego

Queremosapplegalego.me

Twitter: @AppleEnGalego

Resposta a que mac merco dun capítulo anterior.

Oposicións – Interinas – Listas de agarda.

Rumores e mentiras.

Gear S3 de Samsung e iOS.

Cando a compatibilidade non é tal cousa.

Endomondo.

#TeimasOnL

As folgas non serven para nada.

Máis información

E cando todo remata… unha sorpresa máis

(máis…)

Mar. 29.

De iOS cara Android? Se ninguén che cría #FanBoy

Segundo capítulo de oNosoPodcastLar.

Reinstalación dun MacBookPro

De iOS cara Android.

Páxina de Queremos Apple Galego

Redes Sociais e empresas.

Algo de series.

Agora tamén en  iTunes e iVoox

Artigos de #oNosoPodcastLar en Onosolar.gal

Páxina de #oNosoPodcastLar

Podes falar comigo en @Onosolar ou neste formulario de contacto.

Onosolar.gal

Etiquetas: , ,

Feb. 12.

001 oNosoPodCastLar

Neste capítulo falamos dos análises nos blogs e a autonomía dos aparellos, un pouco do Gear S3, das mobilizacións da semana e da oferta de emprego público no ensino.

Agora tamén en  iTunes e iVoox

Artigos de #oNosoPodcastLar en Onosolar.gal

Páxina de #oNosoPodcastLar

Podes falar comigo en @Onosolar ou neste formulario de contacto.

Onosolar.gal

Etiquetas: , ,

Xan. 08.

 A última época de #apple vista por un #fanboy 

As que me coñecedes e as que me seguides en twitter, e de rebote en facebook ou calquera outra rede social, saberedes que son calificado por moita xente de fanboy de apple, e non podo negar que teño un #macbookPro de 13 pulgadas de mediados de 2010, un #iPad4 e un #iPhone6plus e até fai pouco tempo usaba todos os seus servizos (mail, appstore, en familia da appstore, icloud, podcasts, mensaxes, applemusic, fotos…) e estaba moi contento de como estes funcionaban e melloraban pouco a pouco.

Tampouco podo negar que na miña casa todas sexamos usuarios de apple en maior ou menor medida.

Vouvos pegar aquí un comentario feito na páxina de @AgosReigosa, xa que recolle a miña chegada ao mundo apple.

A miña historia con Apple nace a raiz de regalarlle o que eu entendía como un timo á miña muller, un macbook “blanquito”… de aí pasei ao meu primeiro iPhone, un 3G de movistar (viña xa de ter dous “móbiles” windows mobile) e un macbook pro 13pulgadas de mediados de 2010, que segue a ser o meu equipo principal.

Despois disto pasei por 3GS, 4, 4S, 5S, 6plus… mentras na casa apareceron ou herdaron outro macbook pro de 13 (este retina, substituíndo ao blanquito), o meu iphone 5S (pasou por Celia e agora teno Adri) un iPhone 6 (Alex), un iPhone 6S (Celia), un MacMini (Adri).

En definitiva un fanboy namorado por completo até que nos últimos tempos comezo a dubidar se seguir con apple ou darlle unha oportunidade a Android.  (máis…)

Xan. 03.

Smart Power Case para o #iPhone6plus

Onte chegoume a miña última compra, unha Smart Power Case (funda batería) para o iPhone6plus.
Visualmente unha gozada, e non engorda en demasía o móbil e non crece nada ao longo, tal e como fan moitas das baterías do mercado.

O marco de aluminio (ou metal similar) da unha imaxe de calidade, e a batería extra (3.200 mAh) unha gozada.

Fotos da Smart Power Case para iPhone6plus (máis…)

Xan. 03.

15 días cun @pebble Time: acertei

Actualización.

Penosas as últimas actualizacións da app ou do reloxo, non acabo de saber de quen é a culpa, pero o que era unha gozada de reloxo converteuse nun medio estorbo, desconexións continuas, actualizacións que chegan cando queren… resistía esperando por unha nova actualización, pero nestas que desaparece a empresa, mercada por fitbit e di que non vai dar soporte… e que sacará máis adiante (a saber cando) unha actualización que non dependa dos seus servidores…

En fin, adeus Pebble.   (máis…)

Mar. 24.

A miña opinión sobre #TomTomGo de @TomTomSpain para #iOS

TomTomGo (máis…)

Dec. 15.

Nós Candidatura Galega no teu iPhone

TonsEs da mazá e queres ter os temazos de Nós Candidatura Galega como tons do teu iPhone, pois aquí os tes. (máis…)

Etiquetas: , , , ,

Xan. 30.

Xestionar as contas iCloud dunha familia

Fai anos, non tantos, que o o iPhone e a appstore non teñen moitos, cando comezamos a ter varios dispositivos de apple a todos lles puñamos a mesma conta de iCloud, a conta que case todos chamabamos a conta de compras.

Isto facilitaba que o que mercabas nun dispositivo xa estivese mercado para até 5 dispositivos e, incluso, que o iTunes match (si algúns o temos mercado) estivese activo en todos (até 5) os dispositivos da familia.

Todo funcionaba máis ou menos ben, salvo cando mercabas algo que non querías que o teu marido, ou a túa muller, ou os teus fillos viran.

O problema aparece cando chegan novas aplicacións asociadas ás contas de iCloud, podedes ver e oir sobre o tema en: Beta Privada
(máis…)