Out. 24.

Como pai, como mestre, como sindicalista: GRAZAS!!!


A CIG-Ensino cifra en máis de 65.000 as persoas que saíron á rúa en Galiza e considera un éxito o paro masivo contra a LOMCE

Louzao afirma que Wert e Vázquez “teñen coller as maletas, o goberno retirar a lei e promover unha política educativa nas antípodas do que estabelece a LOMCE”

O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, considera que a folga contra a LOMCE foi un “éxito rotundo” superándose mesmo a participación que houbo na convocatoria do mes de maio. Xunto a isto, tamén valorou moi positivamente a participación de máis de 65.000 persoas nas manifestacións que desde as 11:30 horas percorreron as rúas das principais cidades e vilas do país convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Marchas multitudinarias para dicir “Non á LOMCE” e para denunciar unha lei que cualificou como “españolizadora, privatizadora, elitista, clasista e antidemocrática”.

Por Onosolar | Publicado en CIG, CIG-Ensino, Ensino, Fotos, Mobilizacións, Vídeos | Comentarios e Trackback pechados

Etiquetas: