Xan. 21.

Correlingua 2017: En Galego, sen cancelas!!

O prazo para inscribir os vosos centros nos concursos do Correlingua remata o MÉRCORES 1 DE FEBREIRO.
Recordade que, tal e como establecen as bases, as propostas deben ter en conta o lema deste ano:

EN GALEGO, SEN CANCELAS.

É importante que teñades en conta que tanto para o concurso de elaboración do manifesto coma para o de banda deseñada é preferible que os grupos sexan aproximadamente de 25 alumnas e alumnos e que cada grupo debe ter un alcume.

Podedes atopar os formularios de inscrición nos seguintes enlaces.

Formulario de inscrición no manifesto

Formulario de inscrición no concurso de vídeos

Formulario de inscrición no concurso de banda deseñada

Animádevos a participar co voso alumnado, entre todas e todos quitarémoslle as cancelas ao galego!

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Por Onosolar | Publicado en CIG-Ensino, Ensino, Lingua | Comentarios e Trackback pechados

Etiquetas: