Set. 25.

CXO. Presentación do novo curso

CXO

 

Presentación do novo curso do Club Xadrez Oroso

Este venres 27 de setembro terá lugar no auditorio do Centro Cultural de Sigüeiro a presentación do curso 2013-2014 de xadrez.
Contaremos con varias novidades, nas que como parte importante teremos unha breve charla do noso mestre Roberto Patiño na que, entre outras moitas cousas, explicará os beneficios do xadrez para nenos e adultos.
Teremos intercambios de impresións e clarificación de dúbidas.
Para rematar teremos diversas partidas individuais e simultáneas nas que poderán participar todos os que o desexen (sen ningún medo que estamos entre amigos).
Por outra banda e como xa vos tíñamos contado, a nosa intención este ano é formar equipos para participar na Liga Galega de Xadrez e noutros torneos, polo que contamos con todos vós para axudarnos a que o Club Xadrez Oroso siga adiante nesta aventura.
Estades todos convidados a participar na nosa presentación do venres. Agardámosvos.
Unha aperta e moitas gracias de antemán pola vosa participación.

Club Xadrez Oroso

620 082 859

clubxadrezoroso@gmail.com

www.clubxadrezoroso.wix.com

Por Onosolar | Publicado en Deporte, Ensino, Oroso, Xadrez | Comentarios e Trackback pechados

Etiquetas: , ,