Diego

Son Diego Boquete Sánchez, na maioría da rede son Onosolar, podes atoparme en case todas as redes, pero nas únicas nas que son realmente activo é en Twitter e Instagram e en menor medida Facebook e YouTube.

Son un mestre galego, coa oposición de educación física, pero un tolo das novas tecnoloxías, namorado de Apple.

Neste momento desempeño o meu bo ou mal facer na @CIGEnsino – PáxinaWeb, como secretario de acción sindical e comunicación.

Á vez tocame neste momento como militante d’@Obloque – PáxinaWeb ser concelleiro no meu Concello, Oroso, tamén milito na UPG que como sabedes forma parte do Bloque Nacionalista Galego.

Ultimamente estou recuperando un deporte que tiña esquecido a bicicleta, concretamente fago BTT cunha panda de chalados, podedes ver o que fago nos meus perfís das seguintes páxinas Wikiloc e 1-2-sports (tedes que estar rexistrados), aínda que se seguides o meu twitter ou facebook, tamén teredes cumprida conta…

Que bonito quedou este parágrafo no seu día, pero agora mesmo a bicicleta volve estar colgada no garaxe salvo pequenas (20 ou 30km) e esporádicas saídas con Adrián que é o culpábel, en certa maneira de que isto ocorrera, posto que os seus partidos co @HóckeyCRaxoi – PáxinaWeb fan imposíbel manter unha continuidade.

Esta falta de continuidade na bicicleta é suplida polo Padel do que gozo en Crosspadel Sigüeiro, e claro está coas pachangas de fútbol e fútbol sala ás que tento non faltar, cando a conciliación e o traballo mo permiten e aínda que cada día xogue peor, se iso é posíbel.

Ahhh!! E gústame moito NørdicWire 😉

Todo o tempo que lle dedico ao anterior róubollo a CeliaAlexandre e Adrián.



Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.