Xan. 31.

Dominos “.com”, “.net” e “.es” en Onosolar.gal

Manter unha páxina como esta ten gastos, non moitos, pero algúns ten, rondan os 200€ ao ano, e claro eso en épocas nas que a Consellaría de Educación se adica a recortar e recortar ten o seu aquel para unha familia na que os ingresos só entran da citada Consellaría.

Polo tanto, e como o dominio .gal é o máis caro de todos e á súa vez o máis importante para unha paxina galega como Onosolar, o resto dos dominios irán “morrendo” segundo remate a contratación actual.

Resumindo, xa sexa para pórvos en contacto comigo, xa sexa para visitar a páxina recordade cambiar nas voxas axendas e favoritos o .com, .es ou .net polo .gal

Grazas pola vosas visitas, lémonos en Onosolar.gal

Por Onosolar | Publicado en Onosolar | Comentarios e Trackback pechados