Out. 03.

E dálle cos perigos de Internet

OsPerigosInternet

A estas alturas dicir iso de “Os perigos de Internet” é como dicir “Os perigos da rúa”. Está claro que saír á rúa pode traer unha serie de perigos: pódenche roubar a carteira, pódete atropelar un coche, podes deixar o bolso esquecido en algures ou incluso podes chegar a falar cun descoñecido nun bar, darlle o teu teléfono e acabar a cousa mal. Todo iso pode suceder, e para evitalo só hai que andar pola rúa con coidado e ter sentido común, pero non tería sentido pretender que os adolescentes queden pechados na casa ou se movan pola rúa da man da súa nai e do seu pai.

Así comeza un moi bo artigo de @tecnoloxía que podedes continuar lendo na seguinte ligazón

Por Onosolar | Publicado en Ensino, Ligazóns, Tecnoloxía | Comentarios e Trackback pechados