Xan. 30.

En Pé por un Ensino Público Galego.

Folga estudantil o 20 de febreiro.

EnPéPorUnEnsinoPúblicoGalego

Os Comités, xunto con Agir e a Liga Estudantil Galega, presentan unha convocatoria a folga unitaria para o vindeiro 20 de febreiro. 

As tres organizacións estudantís nacionalistas chaman ao estudantado galego a mobilizarse e a loitar con elas por un ensino público, galego, democrático, de calidade e non patriarcal.

Esta convocatoria, marca un punto de partida nas dinámicas mobilizadoras de carácter unitario que as tres organizacións levarán a cabo na Galiza para defender un ensino propiamente galego, após os ataques contra a nosa identidade cultural agochados baixo a LOMCE, a grave situación do ensino, con recortes nas bolsas, no financiamento das universidades ou eliminación de centros.

Unha longa lista de ataques que xustifican as mobilizacións e, nomeadamente a folga coa que chaman a todo o estudantado galego a participar.

Clica aquí para leres o manifesto asinado polas tres organizacións.

Por Onosolar | Publicado en CIG-Ensino, Mobilizacións | Comentarios e Trackback pechados

Etiquetas: , , , , ,