Xuñ. 11.

Es docente? Conto contigo. #ProfesoradoConDereitos


Concentracións este xoves por unhas retribucións e unhas condicións de traballo dignas e fronte ao inmobilismo da Consellaría.

Tras a suspensión das negociacións para a suposta equiparación salarial do profesorado galego por parte da Consellaría, é preciso reaccionar con contundencia esixíndolle á administración que respecte o seu persoal docente, duramente castigado estes anos.

As sete cidades galegas acollerán a partir das 8 da tarde concentracións de rexeitamento ao veto mantido pola Consellaría a negociar a recuperación do roubado, unha suba salarial digna e a mellora das condicións laborais do profesorado: xornada lectiva, rateos, afíns, redución de burocracia, xestión democrática dos centros, estabilidade para o persoal interino, transparencia nas vacantes…

Máis información

Por Onosolar | Publicado en Onosolar | Comentarios e Trackback pechados