Ago. 30.

#GalizaConSiria

GalizaConSiria

 

Apresentación

Ante a inminente agresión militar imperialista contra Siria, e cando se constata máis unha vez a manipulación e intoxicación informativa por parte dos grandes medios de comunicación sistémicos, faise indispensábel divulgar contrainformación veraz e argumentos fronte a propaganda de guerra que difunde o discurso dominante.

Como achega a ese obxectivo, Galiza Antiimperialista promove este sitio web -a xeito de agregador- para albergar, de maneira ordenada e indexábel, as referencias e contidos que estaba a difundir a través das redes sociais Twitter e Facebook, para facilitar o seu acceso e axudar a comprender o que realmente está a acontecer na Siria, desde unha perspectiva de indisimulada solidariedade internacionalista co pobo Sirio e contra o imperialismo.

Galiza con Siria está aberta á colaboración de todas aquelas persoas que partillen os obxectivos do sitio. Para iso dispoñemos dunha sección de Publicación Aberta, desde a que calquera pode enviarnos contidos para a súa difusión.

Galiza con Siria! Non á guerra imperialista!

Por Onosolar | Publicado en Ligazóns, Política | Comentarios e Trackback pechados