Xan. 08.

Loitas

Acto celebrado en Oroso contra a violencia machista

Acto celebrado en Oroso contra a violencia machista

Espero que este artigo non sexa mal entendido, sei, mellor dito supoño, que xerará polémica, pero  espero e desexo que sexa ben entendido.

Como persoa activa socialmente que me considero ou como sindicalista, ou incluso, por que non dicilo aínda que estea mal visto, como político participei, participo e participarei en moitas loitas de diferentes causas e frontes.

  • Teño participado en manifestacións e concentracións de interinas da consellaría de educación, primeiro séndoo eu e despois sen selo.
  • Teño participado en manifestacións do metal, evidentemente sen ser traballadora do metal.
  • Teño participado en manifestacións e concentracións de profesorado de distintas especialidades das que eu non son docente.
  • Teño participado en manifestacións e concentracions do comercio sen eu ter traballado nunca nese sector.
  • Teño participado en manifestacións e concentracións en defensa do agro galego sen eu ser gandeira ou agricultora.
  • Teño participado en manifestacións e concentracións en defensa das minorías sociais, ás que eu por sorte ou casualidade non pertenzo.

En definitiva, teño participado en toda canta loita considero que a miña axuda pode servir para algo, como se di grao a grao faise a montaña.

A todas estas loitas sumase agora a presenza nas redes sociais, dando apoio, visibilidade a todas elas, para iso teño usado os hastags de todas estas loitas e outras que bens seguro esquezo.

Preguntarédesvos que a onde vou… Tranquilas que xa chegamos.

Se chegáchedes até aquí moitas de vós botariades en falta unha loita, loita que eu particularmente considero das máis importantes, se non a máis importante, e nesta loita foi na única na que en varias ocasións sentinme rechazado ou tiven que dar explicacións, xa fora en persoa ou a través das redes sociais.

Preguntas como:

Que fas presentando este acto se non es muller?

Como utilizas o hastag #NósParimosNósDecidimos se ti non es muller?

Si, a loita da que falo da loita das mulleres pola igualdade, ou da loita das mesmas polo seu dereito a decidir en canto a ter fillas ou non.

Pois, si, nesa loita sentinme rechazado ou, no mellor dos casos estraño, sei que o que vou dicir a moitas mulleres non lles gusta, ou non estarán de acordo, pero é o que penso, mentres os homes non vexamos como nosa esa loita a batalla seguirá, por iso remato o artigo pedíndovos que non nos expulsedes desta loita, que si sei vosa.

Espero a vosa opinión.

PD: Sei que para moitas mulleres si somos benvidos nesa loita.

Por Onosolar | Publicado en Bitácora, Onosolar | Comentarios e Trackback pechados