4Gotas.com
Xul. 02.

Nace 4gotas.com




Hoxe naceu 4gotas.com

Por que 4gotas?

Que vas atopar nesta web? Por que somos distintos? Agardamos que algún destes 10 puntos te convenza para visitarnos de novo:

1. A previsión, con nome e apelidos.

  • Homes e mulleres do tempo revisarán e mellorarán as predicións elaboradas por modelos meteorolóxicos.
  • Consúltanos directamente, plantéxanos as túas dudas. Sempre terás a quen preguntar!
  • As redes sociais e O ascensor son as nosas plataformas de comunicación, queremos saber o que pensas.

2. A metade da xente fala do tempo. E a outra, da súa saúde. Unimos conceptos?

  • A nosa novidosa sección Tempo e saúde axudarache a mellorar a túa calidade de vida.
  • Sorpréndete da influencia da meteoroloxía nalgunas patoloxías.

3. Tes pouco tempo?

  • Non te preocupes. En 10 segundos verás, dunha ollada, o titular do tempo de hoxe ou de mañá..
  • O mapa destaca o importante dese día. Se non hai nada nada na túa zona, é porque a meteoroloxía non te sorprenderá.

4. Mira a nosa predición marítima!

  • Información detallada para máis de 140 puntos, próximos a costa e en alta mar.
  • Nove días de horizonte de previsión. Fundamental facerte con ela antes de zarpar!

5.Abúrrete a información meteorolóxica de sempre? Queres saber moito máis?

  • Engánchate aos relatos de «1 gota de nube» (o videoblog) e á información de última actualidade de «4 cousas» (o blog).
  • Sabías que o videoblog é interactivo? Aprende moito máis sobre o tiempo da man de Beatriz Hervella. Ti elixes, non te aburras!

6. Non atopas a información que precisas? Desesperas?

  • Poñémoscho moi fácil: rexístrate e elixe as túas propias alertas. Escolle condicións e lugar, avisámoste!
  • Despreocúpate. Recibe información adaptada, detallada e fiable do que realmente che interesa.

7. Non tes plan? Mira que tempo vai facer antes de unirte á festa!

  • Consulta a previsión detallada para os eventos máis destacados: festas de interese turístico, eventos deportivos, concertos…
  • Non perdas nada… nin deixes que o tempo te sorprenda!

8. Organizas un maratón? Nomeáronte da comisión de festas da túa vila? Vas casar? Noraboa!

  • Non permitas ca meteoroloxía che arruíne a festa… adapta a túa loxística e non sufras cos preparativos!
  • Podemos facer predición para o teu evento até con 14 días de antelación.

9. Xa, pero… onde choveu máis onte? Onde tivemos a temperatura máis alta? E a máis baixa?

  • Consulta esta información, de forma novidosa e entretida, no apartado de rankings.
  • Xoga coas variables, os botóns de «onte» e «hoxe», ou fai zoom nas comunidades para reordear os marcadores… ¡experimenta cos datos!

10. Queremos que a nosa información sexa útil, prática, funcional. Pero tamén… entretida, suxestiva e creativa!

  • Rexístrate de balde en 4gotas.com e comeza a descubrir todos os servizos!

Por Onosolar | Publicado en Ligazóns | Comentarios e Trackback pechados