Set. 04.

No meu Twitter mando eu

NoMeuTwiterMandoEuMoitas amigas e amigos ao comezar a chiar pregúntanme como facer, que está ben, que está mal… e a cada un ou unha contéstolle o que me sae nese momento. Despois de ler o artigo de Manolo Rodríguez (ligazón e twitter ao final do artigo) sobre as súas regras de twitter, con algunhas coincido e con outras non, decídome a facer o meu, que como todos os artigos similares, non vale para nada pero é o meu.

Xa sabedes se queredes coñecer as miñas regras para chiar seguir lendo. Ah! Que teña regras non quere dicir que as cumpra.

As regras de @Onosolar para chiar

Non poño número, posto que seguro que van aumentando, pero as normas que tento utilizar son as seguintes.

  1. Non intento ser quen non son, antes ou despois… (non falo de suplantar personalidade, senón de tentar ter un carácter distinto ao que teño). O que digo en Twitter o diría en persoa a quen quixera oílo.
  2. Os chíos deben ter información, un simple bos días ou boas noites non ten senso. Gústame rematar o día cunha ligazón, unha información… e un Boas Noites, é unha costume que teño desde o comezo e que tento manter.
  3. O Twitter non é un chat, iso non quere dicir que non haxa conversas, pero… non eternas. Xa inventaron o WhatsApp, as mensaxes directas ou incluso o correo electrónico, aínda que ás veces non o pareza.
  4. Tento combinar información persoal con información profesional, política, sindical… Penso que a xente que me segue quere saber tamén de min, aínda que sexa desde a lonxanía da rede, se non fora así hai mil tuiteros ou tuiteras mellores ca eu. Sei que este punto é moi discutíbel, pero para min si existe diferenza entre unha conta persoal (@Onosolar) e unha profesional (@CIGEnsino).
  5. Se alguén me pide axuda, información… ou me da a súa opinión contéstolle, que para iso teño Twitter.
  6. Non bloqueo a quen pensa distinto, outra cousa é aquel que se divirte discutíndomo todo ou, tentando crear debates con falsas afirmacións… con non seguilos a maioría das veces chega. Ahh! tento seguir esta norma ao revés, pero non sempre o fago.
  7. Se quixera manter a miña privacidade non tería Twitter, Facebook, páxina web… é dicir, quen me siga ten que saber quen son e que fago, penso, opino… odio perfís sen biografía.
  8. Nada de mensaxes automáticos de agradecemento por seguirme ou similares. Si teño (ás veces dubido de borralo) un chío automático de todo o que colgo en Onosolar.net
  9. Tento non borrar chíos, salvo erros de ligazóns (hai que evitalos), faltas de ortografías (de verdade que as veces hai chíos que dan pena). O Twitter non é un SMS, nada de mil abreviaturas, comerse vogais…
  10. Chío en feminino, non me gustan as @ nos chíos. Opinión discutíbel e discutida.
  11. Tento facer o menos posíbel o de chíos por entrega, 1/3, 2/3 e 3/3. Pero que conste que o fago.
  12. Se digo que non me gusta aumentar o número de seguidores mentiría.
  13. Non pido rechouchíos (RT), xa os fará a xente se o considera oportuno, pero gústame que os fagades.
  14. Os #hastag non son para adornar, cun, ou dous ao máis por chío, chega.
  15. Se copio unha idea antes rechouchío a orixinal, aínda que sexa unha simple tradución.
  16. Os favoritos non son unha lista para lectura posterior… vale, tedes razón, é unha forma moi útil de recordar o que queremos ler.
  17. Tento non usar os 140 caracteres, para que a xente poda dar a súa opinión ao rechouchiar. Esta norma é moi, moi difícil de cumprir.
  18. Non se debe facer pero eu teño ligada a conta de Twitter ao Facebook. Se queres manter viva a conta de Facebook (non é o meu caso) non deberías facelo.
    • Onte preguntáronme o porqué de ver mal esta asociación, e quedei de contestarlle aquí, así que aquí vai. Non se recomenda asociar as contas das diferentes redes sociais debido a que a audiencia é distinta en cada unha das redes, e incluso se a audiencia é semellante pode variar os horarios de lectura das distintas redes ou o uso que se lle da a cada unha delas. Concretamente o uso do Facebook é máis “familiar” e ao verter alí automaticamente os chíos do Twitter, saturas os muros dos teus seguidores e isto pode facer que te bloqueen, na totalidade ou nos teus chíos. Agora ben, eu peso que iso pode ser certo, pero temos que valorar o tempo do que dispomos e o que queremos realmente das redes socias, no meu caso a rede social é Twitter e o resto son lugares onde verto información para que a xente a poida ler. Está claro que se o meu traballo fora de community manager dalgunha empresa ou institución non tería as contas vinculadas, pero como non é o caso para un uso persoal defendo ter unha rede social como principal (e dedicarlle tempo) e as outras como espello.
  19. Sigo a quen me interesa, non a quen me segue.
  20. Tento chiar do que coñezo, do que sei, do que estou seguro… en definitiva quero que cando alguén lea un chío de @Onosolar saiba que é verdade, non un rumor.
  21. Participo e gozo do Twitter. Se non fora así non estaría nel.
  22. Cando estou cas miñas amigas e amigos estou con eles, non convosco, hai momentos para todas e todos. Xa sei que moitos estades nos dous grupos.
  23. Ahhhh! Só chío en GALEGO, o que no impide a cataláns, vascas, casteláns, inglesas, brasileiras… seguirme e entenderme.

Primeira versión

Segunda versión. Anotación no artigo 18.

Se en todo o que escribo me gusta lervos neste artigo máis ca nunca gustaría saber da voso opinión.


Artigo inspirado en último termo polo artigo de @manolorodriguez Las 38 reglas de Twitter que sigo (casi) siempre

Por Onosolar | Publicado en Bitácora, Onosolar, Tecnoloxía | Comentarios e Trackback pechados

Etiquetas: , , , , , ,



  • Manolo says:
    4 Setembro, 2013 at 18:19 -

    Hola Diego. Te he contestado en mi blog, pero también te dejo aquí mi comentario.

    Lo primero, que se mejore el peque.

    Creo que es la primera vez que inspiro algo a alguien y el resutado ha sido muy bueno. Jeje.

    Después de leerte creo que estamos bastante de acuerdo en cómo hay que utilizar Twitter, y eso también me ratifica en lo que escribí.

    Al principio creía que el post no iba a tener tantas visitas, creía que se podía ver como algo prepotente y pretencioso, pero a la gente le está gustado. Fijaté: hasta hacen versiones.

    En serio, muchas gracias por el post y que se mejore el peque.

    Saludos
    Manolo Rodríguez