Xul. 08.

NON Á LOMCE

Micro 2

NON Á LOMCE

Copla contra a LOMCE baseada na popular copla coñecida como “O Galo cando canta é día”

Como sabedes é habitual que as e os da CIG Ensino en todas, ou case todas, as concentracións, manifestacións… canten unhas estrofas aproveitando aos nosos músicos e músicas.

Desta vez e dada a importancia que ten a loita contra a LOMCE dimos un paso máis e gravamos a copla para que a poidades escoitar, difundir, utilizar… sempre loitando contra a LOMCE.

Ficha técnica

-Gravado no mes de xuño de 2013 nos Estudos Xonix Records da Bandeira (Silleda-PO).

-Gravación e mesturas: Lolo Arincón.

-Produción artística: Antón Castro e Guillerme Ignacio.

-Participaron na gravación:

  • Xosé Nogueira: Tamboril.
  • Antón Castro: bombo e voces.
  • Rubén Fernández: acordeón e voces.
  • Bieito Lobariñas: gaita e voces.
  • Guillerme Ignacio: gaita, requinta, pandeireta e voces.
  • Davide Nogueira: clarinete.
  • Xosé Saiáns: voces.
  • Vicente Montero: voces.
  • Xaime Moure: voces. 
  • Antía García: voces.
  • Carme Pérez: voces. 

Letra de LOMCE NON

Música popular:”O galo cando canta é día”

Letra: Bieito Lobariñas e Guillerme Ignacio

 

Non queremos esta lei

Esta lei de_educación

E por iso_é que berramos

Non á lomce, lomce non

(x 2)

 

Queremos ensino_en galego

Galego, galego

Queremos ensino_en galego

P´ra que_o noso_idioma

Non sexa_estranxeiro

(x 2)

 

Non queremos esta lei…

 

Queremos que mande_o

Consello (escolar!)

Consello, consello

Queremos que mande_o consello

E que non nos poñan

Director(a)_a dedo

(x 2)

Non queremos esta lei…

 

Queremos aprobar a_etapa

Etapa, etapa

Queremos aprobar a_etapa

Sen que_unha reválida

Nos dea_a lata

(x 2)

 

Non queremos esta lei…

 

Queremos mandar un recado

Recado, recado

Queremos mandar un recado

Que_o_alumnado noso

Non é_o seu mercado

(x 2)

 

Non queremos esta lei…

 

A lomce tamén ten a pega

A pega, a pega

A lomce tamén ten a pega_españolizadora e antigalega

(x 2)

 

Non queremos esta lei…

 

Queremos a lei de mellora

Mellora, mellora

Queremos a lei de mellora

Laica e que sexa

Non segregadora

(x 2)

 

Non queremos esta lei…

 

Nun estado_aconfesional

“sional”, “sional”

Nun estado_aconfesional

Que non mande_a conferencia_episcopal

(x 2)

 

Non queremos esta lei…

Algunha foto.

Gravación de NON Á LOMCE

Gravación NON Á LOMCE II

Gravada nos estudos XonixRecords

Por Onosolar | Publicado en CIG-Ensino, Música | Comentarios e Trackback pechados

Etiquetas: , , ,