Abr. 25.

Nova presentación de Troula

A Asociación Cultural Troula, Edicións Xerais de Galicia e a Librería Aula 10 comprácense en convidala á presentación dos libros de Héctor Cajaraville que se celebrará en Oroso.

De remate e Quen dá a quenda?

O acto terá lugar o vindeiro venres, 29 de abril, ás 20:30 horas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa.

Recordamos que De remate é o Premio Xerais de Novela 2015 e Quen dá a quenda? foi finalista do Merlín do mesmo ano.

O autor, Héctor Cajaraville, estará acompañado por Diego Boquete, Adrián Boquete e Pilar Ponte.

Estaremos encantados de contar coa túa presenza.

Cartaz en PDF, por se o queredes imprimir para colocar en calquera lugar. Quedaríamos moi agradecidas.

Por Onosolar | Publicado en Troula | Comentarios e Trackback pechados