Out. 04.

O profesorado novo, futuro do ensino público

5 de outubro. Día Internacional do Profesorado.

As novas incorporacións docentes que se produciron nos últimos anos en Galiza teñen ante si o reto de manter a defensa dos seus dereitos e do ensino público tras unha década nefasta de recortes, así como manter o compromiso coa nosa lingua e coa nosa cultura ante os continuos ataques normativos do goberno da Xunta.

As que formamos a CIG Ensino este ano á conmemoración da Internacional da Educación o día 5 de outubro no que se celebra o Día Mundial do Profesorado e que este ano ten como protagonista o novo persoal docente.

Este novo profesorado ten que ser o que continúe loitando por un ensino público galego que sexa quen de facer que o noso alumnado faga un mundo mellor que o que lle deixamos e para iso precisamos recuperar os nosos dereitos como docentes e como traballadoras, chegou o momento de recuperar o que é noso e comezaremos por recuperar o noso horario, #18e21horas xa!!

Pero sen esquecer que queremos dar aulas sen que nos acusen de adoctrinar, queremos dar aulas con liberdade e, por que non QUEREMOS DAR AULAS EN GALEGO!

VIVA O ENSINO GALEGO!

VIVA O PROFESORADO GALEGO!

Podes ler máis sobre o día internacional do profesorado na nosa páxina.

Por Onosolar | Publicado en CIG-Ensino, Ensino | Comentarios e Trackback pechados