Onosolar

Onosolar.com naceu formando parte de Tambre Academia (academia de Ensinanza sita en Oroso da que fomos propietarios Celia e Eu), despois pasou a ser un portal educativo cunha moi boa sección lexislativa (modestia a parte), está foi a época de maior esplendor, tanto en actualizacións como en número de visitas. E sempre sen publicidade.

Despois tivo a fase na que por falta de tempo, debido á miña liberación na CIG Enisno, quedou estancada, tanto en deseño como en lexislación.

Como o deseño quedara vello e eu remataba de mercar o meu Macbook actualiceina usando o iWeb, e non quedara mal, pero tiña o mesmo problema que cando a facía co FrontPage, e era que precisaba dun ordenador cun programa determinado instalado.

Todo isto sumado a que tanto Alexandre (aínda non llo fixen) como Celia (Anosamaxia.com) querían abrir un blog, fixo que comezase a miralos con outra cara… e aquí comecei a usar tumblr para facer a miña páxina, xa sen as pretensións de antano, pero aí estaba, ao pouco tempo o tumblr quedouseme pequeno, ou mellor dito, non me deixaba facer diegadas na configuración, así que lanceime a facer algo máis vistoso (iso espero) en wordpress no meu propio servidor, que coma sempre está en Dinahosting, espero que vos guste.

Escollín no seu momento tumblr. fronte a blospot (Google) por iso de non dar máis forza ao monopolio, a máis de verlle cousas interesantes ao tumblr, e agora WordPress pola liberdade de telo no meu servidor.

Polo momento o meu tumblr seguirá activo: http://onosolar.tumblr.com

Ahhh, a lexislación educativa galega, a seguides tendo toda en: http://www.cig-ensino.gal

Non podo rematar sen dicirvos que a vosa opinión interésame e para iso tedes esta ligazón, os comentarios desta nova, ou claro está o correo electrónico, twitter, facebook…