Tal e como dixen no seu día vouvos contar a miña opinión, unha vez probados, do hesacore e do PascalBox.
Pero xa vos adianto que acertei nas dúas compras.
O hesacore para as que temos propensión ás lesións de pulso e/ou sudamos moito é unha gozada, evita e moito as vibracións. E eses movementos cando a bola non dá no centro da pala e temos as mans sudadas desaparecen, xa que o agarre é sempre perfecto e as mans sudan moito menos.
Todo desde o primeiro día, ao menos no meu caso, sen necesidade de adaptación.
Conclusión: vale o que custa, 20€
En canto ao PascalBox só dicir o seguinte, levo xogando coas mesmas pelotas desde o 19 de agosto (máis de seis partidos) e en canto ao bote e as molestias que temos ao xogar con bolas vellas están como novas, aínda que o pelo xa non o teñen todo.
Conclusión: vale o que custa, 49,90€, e iso sen contar o valor ecolóxico de non cambiar bolas cada dous ou tres partidos.
PD: no PascalBox podes ter desconto se usas un code que podes atopar no canal de Youtube de @manumartin83