Set. 10.

#Pádel: opinión sobre o @hesacore e o @pascalBox_es

Tal e como dixen no seu día vouvos contar a miña opinión, unha vez probados, do hesacore e do PascalBox.

Pero xa vos adianto que acertei nas dúas compras.

O hesacore para as que temos propensión ás lesións de pulso e/ou sudamos moito é unha gozada, evita e moito as vibracións. E eses movementos cando a bola non dá no centro da pala e temos as mans sudadas desaparecen, xa que o agarre é sempre perfecto e as mans sudan moito menos.

Todo desde o primeiro día, ao menos no meu caso, sen necesidade de adaptación.

Conclusión: vale o que custa, 20€

En canto ao PascalBox só dicir o seguinte, levo xogando coas mesmas pelotas desde o 19 de agosto (máis de seis partidos) e en canto ao bote e as molestias que temos ao xogar con bolas vellas están como novas, aínda que o pelo xa non o teñen todo.

Conclusión: vale o que custa, 49,90€, e iso sen contar o valor ecolóxico de non cambiar bolas cada dous ou tres partidos.


PD: no PascalBox podes ter desconto se usas un code que podes atopar no canal de Youtube de @manumartin83

Por Onosolar | Publicado en Deporte, Pádel | Comentarios e Trackback pechados