Abr. 05.

Peches contra a LOMCE e os Recortes

Cartaz Peches da Plataforma.grande

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fará peches nos centros de ensino durante todo o mes de abril contra a LOMCE e os recortes 

Convoca unha concentración o 17 de abril coincidindo co debate do decreto de comedores no Consello Escolar de Galiza

Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciaron en rolda de prensa este xoves 4 de abril novas mobilizacións contra a aprobación da Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e tamén contra as últimas medidas programadas pola Consellaría de Educación, medidas que se traducirán en novos recortes no ensino público. A Plataforma tamén convocou unha concentración para o 17 de abril en Santiago de Compostela coincidindo co debate no Consello Escolar de Galiza, ás 16:45 horas.

Por Onosolar | Publicado en BNG, BNGdeOroso, CIG, CIG-Ensino, Fotos, Mobilizacións | Comentarios e Trackback pechados