Xan. 23.

Pola recuperación dos nosos dereitos

A CIG-Ensino lanza unha campaña nos 1.200 centros educativos galegos para esixir a restitución de dereitos do profesorado.

Ao longo deste segundo trimestre, delegados e delegadas da central nacionalista celebrarán asembleas informativas para achegarlle ao profesorado os pregos de sinaturas que posteriormente lle serán entregados ao conselleiro de Educación.

Asina a campaña

A central sindical lembra que, malia as proclamas de recuperación económica das que tanto lles gusta alardear aos gobernos do PP, o colectivo docente non recuperou ningún dos dereitos que lles foron recortados nos últimos oito anos: baixada dos salarios nun 10% e perda do poder adquisitivo nun 23%, descontos por enfermar, aumento da xornada lectiva e das rateos de alumnado por aula ou recortes na atención á diversidade.

Seguir lendo

Por Onosolar | Publicado en CIG-Ensino, Ensino, Mobilizacións | Comentarios e Trackback pechados