Pon o teu OSX a corrixir en galego

Antes de nada tes que descargar estes dous arquivos (gl_ES.aff gl_ES.dic) no teu ordenador.

Cando os teñas descargados colócaos na carpeta /Librería/nome_usuario/Spelling

Truco: recorda pulsar a tecla Alt dentro do menú ir do finder.

Despois ir a:

Preferencias do Sistema -> Teclado -> Texto -> Ortografía

Unha vez aí escoller Galego Librería e listo, todos os cadros de texto do voso OSX xa corrixirán en galego.
image



Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.