Feb. 13.

Presentación do Libro de Diego Conde: Juan Rof Codina

O venres 12 de febreiro a que será Asociación Cultural Troula na Vila fixo o seu primeiro acto no Concello de Oroso, e que mellor comezo que facelo presentando o libro dun conveciño e futuro socio da asociación, Diego Conde.
[slickr-flickr tag=”Juan” items=”14″ type=”slideshow” orientation=”portrait”]

Acompañounos na presentación Uxío Breogán, historiador e profesor da Universidade de A Coruña e até fai moi pouco tempo tamén veciño noso e autor por exemplo do libro Nacionalismo galego aquén e alén marDesarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975), 2015, Laiovento.

Tamén asistiu alguén moi especial para a nosa asociación, Xoán Andrade, autor do noso logo.

Grazas a todas e todos por asistir.

Quedades convocadas e convocados xa para o próximo acto que tentaremos sexa no mes de marzo.

Ligazón á galería de fotos do acto

Por Onosolar | Publicado en Oroso, Troula | Comentarios e Trackback pechados