Dec. 09.

#proponconnosco, o BNG abre o seu proceso interno á sociedade a través da web

O BNG vén de dar o primeiro paso no camiño da apertura do seu proceso interno á sociedade galega e faino, dun xeito moi significativo, a través da súa páxina web.

#proponconnosco constitúese como unha canle de comunicación aberta á sociedade e cun doble carril, ademais, xa que todas as mensaxes que se envíen a esta sección da web recibirán unha resposta personalizada.
Trátase de facilitar camiños para que se poida efectivizar a colaboración dos cidadáns e cidadás galegos neste proceso de reflexión que, deste xeito, deixa de ser exclusivamente interno para se abrir a aportacións externas.
Na sección que vén de porse en funcionamento hai apenas uns minutos, todos os galegos e galegas poderán descargarse o documento no que se recollen en síntese diversas aportacións e reflexións verquidas pola militancia nas asembleas comarcais do BNG.
“Construíndo futuro” é o título deste documento no que baixo distintos epígrafes se reflexiona sobre o que o Bloque Nacionalista Galego quer facer para asentar os alicerces dun novo futuro.

http://www.bng-galiza.org/proponconnosco/

Por Onosolar | Publicado en BNG, BNGdeOroso, Política | Comentarios e Trackback pechados

Etiquetas: