Dec. 12.

Queremos Galego desenvolveu un acto ás portas de San Caetano para esixir a derrogación do Decreto contra o Galego e pedindo a retirada do anteproxecto da LOMCE

O Apalpador entregoulle ao conselleiro carbón pola actitude que mantén contra o galego e libros no noso idioma para que rectifique a súa políticia lingüística e defenda as competencias educativas fronte ao goberno central.
A plataforma Queremos Galego, da que forma parte a CIG-Ensino, iniciou o calendario de mobilizacións previsto para esixir a derrogación do Decreto 79/2010 contra o galego e a elaboración dunha nova norma que teña como punto de partida o Plan de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento no ano 2004, a través dun acto diante das dependencias da Xunta onde ademais exixiu a retirada do rascuño da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), popularmente coñecida como Lei da Wertgoña, pola involución que representa en canto ao uso das linguas diferentes ao castelán, nomeadamente a galega. Máis información en Queremos Galego ou CIG-Ensino

Por Onosolar | Publicado en CIG-Ensino, Lingua, Queremos Galego | Comentarios e Trackback pechados

Etiquetas: , ,



  • Queremos Galego desenvolveu un acto ás portas de San Caetano para esixir a derrogación do Decreto contra o Galego e pedindo a retirada do anteproxecto da LOMCE – Onosolar.net

  • Queremos Galego desenvolveu un acto ás portas de San Caetano para esixir a derrogación do Decreto contra o Galego e pedindo a retirada do anteproxecto da LOMCE – Onosolar.net