Xan. 03.

Smart Power Case para o #iPhone6plus

Onte chegoume a miña última compra, unha Smart Power Case (funda batería) para o iPhone6plus.
Visualmente unha gozada, e non engorda en demasía o móbil e non crece nada ao longo, tal e como fan moitas das baterías do mercado.

O marco de aluminio (ou metal similar) da unha imaxe de calidade, e a batería extra (3.200 mAh) unha gozada.

Fotos da Smart Power Case para iPhone6plus

Notei unha cousa rara, pero non sei se son manías ou o marco de aluminio resta algo de cobertura ao iPhone, iremos vendo e xa vos direi.

En canto á integración da batería co móbil só un pero, iOS non a detecta como segunda batería, tal e como contan que fai coas orixinais de apple, marca como se o móbil estivera cargando, non sei se é culpa da batería ou de apple, pero é un pero menor a ter batería e agora de verdade para todo un día.

Ah!, ten un botón e leds ao modo dos macbooks vellos para saber que batería ten e incluso para apagar e acender a batería, eu como prefiro gastar primeiro a externa lévoa sempre acesa.

O prezo non está fóra de mercado, máis ben o contrario, 48€, aínda que din na páxina que o seu prezo normal será 96€, non saber, déixovos a ligazón, e xa sabedes calquera pregunta tentará ser contestada, tanto no twitter como no facebook.

Por Onosolar | Publicado en Tecnoloxía | Comentarios e Trackback pechados