Arquivo por etiquetas: Anxo Louzao

Xul. 04.

O galego, a impunidade e a mentira

Sermos Galiza

O galego, a impunidade e a mentira.

Artigo de Anxo Louzao (Secretario Nacional da CIG Ensino)

Anxo LouzaoDebo recoñecer que a estas alturas non é doado que haxa actuacións da Consellería de Educación que me resulten sorprendentes. Son tantas, permanentes e disparatadas  as que levamos soportado que xa a un lle parece  que está inmunizado ante tanta impostura,   engano e demagoxia  que emanan dunha Consellería que, baixo a batuta de  Jesús Vázquez, usa constantemente, de maneira perversa, os medios institucionais e de comunicación  e os  recursos públicos para atacar o idioma e calumniar impunemente a organización maioritaria do profesorado galego, a CIG-Ensino. Mais a última deixoume abraiado.

Le o resto do artigo no Sermos

Etiquetas: , ,

Xul. 03.

A #LeiWert en debate en Irmandade TV

Debatemos as consecuencias da nova lei de educación do executivo español, a LOMCE; e as alternativas con Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-EnsinoLaura Arjonilla da Liga Estudantil Galega; Jurjo Torres, catedrático de Universidade Didáctica e Organización Escolar na UDC; e Fernando Lacaci, presidente da FAMPA de Compostela.

Etiquetas: , , ,

Anxo Louzao
Dec. 07.

A derrogación do Decreto de Plurilingüismo: unha necesidade urxente para o futuro do idioma

Sermos Galiza

O día 22 de novembro comezaron facerse públicas as sentenzas que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) ditou en base aos recursos presentados por varias entidades. Catro son as sentenzas ditadas até agora, as suscitadas polos recursos presentados pola Mesa, por Queremos Galego e pola CIG-Ensino, integrante da plataforma Queremos Galego desde onde colabora activamente na promoción de todas as mobilizacións que se convocaron nestes anos.

Anxo LouzaoUnha semana despois saíu tamén a sentenza ao recurso presentado pola Real Academia Galega (RAG).Todas as sentenzas anulan e declaran ilegais aspectos fulcrais sobre os que pilota boa parte da política lingüística do PP. Afirma a sentenza que o artigo 5.2 do Decreto do plurilingüismo “vulnera a configuración do dereito fundamental á educación, posto que os poderes públicos teñen encomendada a programación xeral do ensino, de cuxa potestade a Administración, neste caso educativa, non pode abdicar, sometendo a votación un aspecto tan fundamental como a lingua a empregar na etapa de educación infantil”. A aplicación dese artigo no que estipulaba a realización dunha enquisa aos pais e nais para fixar a lingua de ensino supuxo que, nas cidades, o ensino en galego fose varrido das aulas de Educación Infantil, malia que, en moitos deles, máis do 40% dos pais/nais declaren ter como lingua “materna” o galego, independentemente de cal sexa a lingua maioritaria na contorna do alumnado. Ler artigo completo en Sermos

Etiquetas: , , , , ,