Arquivo por etiquetas: CIG

Out. 03.

A CIG chama a rexeitar na rúa as políticas de recortes do PP participando nas manifestacións do xoves 4 de outubro

A central sindical ten convocadas nove marchas baixo o lema “Paremos o PP! Non ao saqueo do pobo. Existen alternativas. Rescatemos os nosos dereitos”

Etiquetas: ,

Xul. 19.

Máis de 350.000 persoas maniféstanse en toda Galiza contra os recortes impostos polo PP e o masivo saqueo á clase traballadora

Máis de 350.000 persoas maniféstanse en toda Galiza contra os recortes impostos polo PP e o masivo saqueo á clase traballadora

Etiquetas: , ,

Xuñ. 18.

Forza, dignidade e compromiso.

Vota CIG

Eleccións Sindicais no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
A CIG preséntase a estas eleccións sindicais, facendo un balance positivodo traballo sindical realizado ao longo destes catro anos.

Etiquetas: , , ,

Xuñ. 05.

Piden 5 anos de cadea para Antolín Alcántara e Víctor García, dirixentes sindicais da CIG

Antolin Alcántara (responsábel de Negociación Colectiva da CIG) e Víctor Garcia (anterior responsábel do Naval en Vigo e traballador do sector), enfróntanse a penas de cinco anos de cadea pola participación na folga do naval no ano 2007. O xuízo celébrase o próximo 7 de Xuño ás 09,30h en Vigo. Son os únicos procesados, de entre os doce que compoñían o Comité de Folga, 3 por cada sindicato (CIG, CCOO, UGT e CUT). É inexplicábel por tanto a petición da fiscalía e demostra que se trata dun xuízo político para parar o movemento obreiro representado polo sector do metal en Pontevedra. O compañeiro Antolín xa foi xulgado nestes días atrás cunha petición de catro anos de prisión, pola ocupación da estación marítima na folga do metal no ano 2009.

Naquela folga do ano 2007 que durou 18 días, esixíase o cumprimento do convenio na contratación de persoal fixo. Os empresarios dicían que cumprian o convenio, pero a raiz da folga tiveron que facer 3000 contratos fixos nun mes.

A xustiza e o poder político, a petición dos empresarios que reclamaron insistentemente una actuación penal, decidiron atacar na cabeza para dar exemplo, pero só á CIG. Non podían permitir que o metal en cada convenio loitara e fora mellorando de xeito significativo e mellor que ninguén as condicións de traballo. O metal de Pontevedra coa maioría da CIG dende o ano 1999 conseguiu nos dez anos seguintes pasar en salarios do posto 27º no Estado ao posto 4º.

O poder económico e político quere criminalizar o movemento obreiro. Veñen tempos difíciles co PP, que modifica o Código penal porque non quere contestación social que faga fronte á súa política de reformas e de desfeita dos dereitos, que só ataca os pobres, a clase traballadora. Fannos pagar a débeda dos bancos, pero non procesan os seus directivos que causaron a crise e saíron máis ricos do que entraron, nin os grandes empresarios que cometen fraude fiscal. Máis de 80 mil millóns de euros no ano 2010, recoñecido pola Inspección de Facenda, máis que toda a débeda do Estado, só nas grandes empresas.

Esta é a xustiza do sistema e temos que comprender que non teremos futuro nin o terán os nosos fillos e fillas, se non paramos esta guerra contra nós. Nós somos a gran maioría, os que creamos a riqueza, os que facemos que o mundo funcione e que poida ser mellor.

Xoves 7 de xuño

CONCENTRACIÓN

ás 9:30h nos xulgados de Vigo

SOLIDARIEDADE!

Etiquetas: , ,

Mai. 16.

VENCEREMOS NÓS.
A represión ao metal e o proceso a Antolín Alcántara.

Etiquetas: , ,

Abr. 30.

A CIG maniféstase coa clase traballadora

Precisións, respecto do facer ou non manifestacións conxuntas.

1º.- A unidade sindical non depende de ir xuntos ou non nunha manifestación.

2º.- A unidade sindical hai que construíla no día a día, empresa a empresa, e aí imos ver ata onde o sindicalismo españolista, CCOO e UGT, están dispostos a enfrontarse a patronal e a facer corpo coa CIG.

3º.- Hoxe xa temos diferenza a hora de enfrontar a reforma laboral, eles levan tempo suplicando que o Goberno os chame a negociar a reforma, para dulcificala e intentar facela vendíbel socialmente, ao igual que fixeron coa reforma das pensións, pois ese é o seu modelo sindical e sen ese xogo do diálogo social aparente o seu modelo sindical perde sentido. O noso posicionamento chamando á folga xeral é o de esixir a retirada da reforma, pois é evidente que nin esta nin outra reforma van crear emprego, o único que busca este goberno, ao igual que o anterior coas reformas que fixo, é facilitar o despedimento, desregular o mercado laboral e debilitar e desorganizar á clase traballadora.

4º.- Compre non esquecer que estas dúas centrais sindicais veñen, e van seguir si lles deixan, facendo unha política permanente de pactos co poder político e económico, mesmo aquí en Galiza coa Xunta do PP, pactos e acordos que están contribuíndo a recortar dereitos, a rebaixar salarios, a aumentar a idade de xubilación, a abaratar o despedimento, a incrementar os beneficios das empresas vía subvencións con fondos públicos, a flexibilizar as condicións de traballo nas empresas ou a centralizar e burocratizar a negociación colectiva e a desmobilizar á clase traballadora, facilitándolle así ao capital a saída á crise económica.

5º.- Na CIG levamos anos enfrontados a este modelo sindical entreguista e de colaboración co poder, facéndolle ver a clase traballadora galega que nós representamos un modelo sindical distinto, tanto desde o punto de vista de defensa dos intereses de clase como de defensa dos nosos intereses e dereitos como parte que somos da nación galega. Isto foi entendido, e está sendo entendido, por un número cada vez maior de traballadores e traballadoras galegas, e así se pon de manifesto na participación nas nosas mobilizacións e tamén no feito de ser a primeira central sindical de Galiza en afiliación, con 75.000 afiliados/as. Pero todo isto conseguímolo a base de moito sacrificio, de dar a cara nas empresas por parte dos nosos afiliados e dos nosos delegados e delegadas, de arriscarse mesmo a ser despedidos nos procesos electorais, sufrindo o silenciamento e a manipulación de moitos medios de comunicación, mentres outros, gozaban de todo tipo de facilidades e apoio por parte das administracións públicas e da patronal, sen ruborizarse e sen preocuparse pola CIG.

6º.- Por último, a unidade sindical, a loita contra a reforma laboral e por outro modelo produtivo e económico, ten que darse nos centros de traballo, nos convenios colectivos, aí e onde imos comprobar ata que punto é posíbel pórse de acordo con estas dúas centrais sindicais a hora de pactar alternativas e enfrontarse á patronal, esa é a verdadeira unidade que lle interesa á clase traballadora e que ata agora, en xeral, non existiu, pois temos prácticas sindicais e visións de como enfrontármonos á crise económica moi diferentes. En calquera caso, o importante nestes momentos, é conseguir que as mobilizacións sexan un éxito, que as rúas sexan un clamor popular contra esta reforma laboral e para esixir dos gobernos outras políticas económicas e laborais favorábeis aos intereses da maioría social. Como sempre, nese traballo os da CIG imos estar á cabeza da contestación social, coas nosas propias mensaxes e alternativas, orgullosos do que somos, sen confusións nin ambigüidades

Moito ánimo, moita solidariedade e ningún paso atrás.

Galiza.

Este artigo non é máis que unha adaptación libre a un artigo publicado polo Secretario Xeral d CIG, Suso Seixo co motivo das manifestacións da folga xeral do 29 de marzo

Etiquetas: , ,

Mar. 29.

Fotos e Vídeos da Xornada de Folga

Fotos e Vídeos da Xornada de Folga

Etiquetas: , , , , ,

Mar. 28.

Todas e todos á folga o 29 de marzo.

Podedes facer o seguimento en directo da Xornada de #FolgaXeral no meu twitter: @onosolar
Ao menos mentres dure a batería.

Non hai desculpas.

Mira os horarios e lugares das manifestacións.

Eu vou á #FolgaXeral #EuBNG

Etiquetas: , , ,

Mar. 27.

Cambiade 22 de marzo por 29 de marzo e xa sabedes: FOLGA XERAL

Etiquetas: , ,

Mar. 19.

Etiquetas: , ,