Arquivo por etiquetas: Contrareforma

Set. 21.

A CIG-Ensino rexeita o anteproxecto de reforma educativa aprobado hoxe polo Consello de Ministros.

Unha vez máis o profesorado sairá malparado con destrución de emprego, mobilidade forzosa e obriga de impartir materias sen ser especialista.

O anteproxecto de reforma educativa aprobado hoxe no Consello de Ministro é unha proposta recentralizadora na medida en que usurpa competencias dos Gobernos autonómicos. Reduce dun 45% ao 35% o dereito para fixar currículos que até o de agora lle asistía á Consellaría de Educación e expulsará do sistema educativo a aquel alumnado con maiores dificultades.

“Ningunéase ao profesorado, cuestionando a importancia da profesión de docente e recortando aínda máis os seu dereitos laborais”, explica Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino. “Suporá –engade- inestabilidade dos cadros de persoal dos centros, recortes profesionais e laborais e menor calidade no ensino”.

Etiquetas: ,