Arquivo por etiquetas: Fragas do Eume

Abr. 01.

E se isto tivese algo que ver…

MINAR by Acsur Galiza

Aborda o impacto do proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes). A zona de Pico Vello está nas proximidades do Parque Natural Fragas do Eume e ao seu pé , atópase o que constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro, ámbolos dous incluídos xa na Rede Natura 2000. A posta en funcionamento da explotación suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, …). Esta explotación provocaría a eliminación definitiva e irreversible da fonte principal do río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra unha poboación importante dos concellos de A Capela, Cabanas, Fene, Neda e Ferrol.

10 months ago / Creative Commons License: by nc sa “Minar” (12 minutos)

Etiquetas: ,

Abr. 01.

O que se fixo esta foto é o culpábel do que está pasando nas Fragas do Eume.

Quen non ten aínda activado o sistema antiincendios ao 100%?

Quen despediu aos traballadores das brigadas antiincendios?

Non nos merecemos estes Gobernantes, e menos este presidente.

Etiquetas: , ,

Mar. 31.

Que vai quedar disto?

NON SE PODE RECORTAR SEN CONSECUENCIAS!!!

Galiza non se merece un goberno como o do Partido Popular.

O BNG súmase ás concentracións convocadas para este luns nas 7 cidades

O Bloque Nacionalista Galego vaise sumar mañá ás concentracións convocadas nas cidades galegas, e nalgunhas vilas, para denunciar a situación de abandono na que se atopa o monte galego, vítima dunha nova vaga de incendios forestais.

As concentracións vanse celebrar apartir das 20.30 horas.

O BNG ten denunciado que desde que goberna o Partido Popular os fondos públicos destinados á extinción e prevención de incendios teñen sufrido un recorte drástico. As consecuencias están agora dramaticamente á vista de todo o mundo, coas lapas a devorar espazos tan valiosos como as Fragas do Eume. Ao sumarse a estas concentracións, que xorden da propia sociedade galega, o BNG quer mostrar que partilla a indignación social ante o abandono do noso monte e a neglixente falta de previsión por parte dun Goberno galego que, pese á seca que sofremos este inverno, non activara aínda ao 100 por 100 o dispositivo de precampaña de loita contra os lumes.

Etiquetas: , , ,