Arquivo por etiquetas: Oroso

Nov. 07.

Ven ao magosto do BNG de Oroso

Magosto (máis…)

Etiquetas: , , , ,

Nov. 29.

Pleno do Concello de Oroso do 29 de novembro de 2012

Etiquetas: , , ,

CRA de Oroso
Nov. 26.

O BNG de Oroso oponse ao peche previsto do CRA de Oroso.

CRA de Oroso

Mostra a súa preocupación pola amortización prevista de todas as prazas docentes do CRA de Oroso

Na relación de vacantes que a Xefatura territorial da provincia de A Coruña trasladou á Xunta de Persoal Docente da citada provincia, todas as prazas docentes (nove mestres e mestras) do CRA de Oroso aparecen como prazas a amortizar. O Centro Rural Agrupado (CRA) reúne as catro escolas unitarias que temos no noso Concello.

Esta situación é a antesala do peche do citado centro educativo, ao que o BNG de Oroso se oporá con todas as súas forzas, dado que o CRA de Oroso leva o ensino público de calidade a todas as parroquias do noso Concello, vertebrándoo no que é a súa realidade. Esta situación súmase á desaparición do proxecto “Preescolar na Casa” grazas ao goberno do partido popular na Xunta de Galiza, que tamén prestaba un gran servizo en Oroso.

A amortización das prazas non supón o peche inmediato do centro educativo, pero si mostra o camiño formulado polo Partido Popular para o noso concello e que non é outro que o de continuar cos recortes e ataques ao ensino público, máis aínda no rural.

Ante este ataque, o BNG de Oroso non pensa quedar impasíbel, anunciamos unha próxima asemblea aberta coas nais, pais e profesorado do centro para acompañalos en todas as medidas que estean dispostas e dispostos a emprender, comezando coa solicitude inmediata dunha entrevista por parte da comunidade educativa co Xefe territorial da provincia de A Coruña.

Pola nosa parte xa nos puxemos en contacto cos nosos deputados autonómicos para trasladar ao Parlamento o ataque directo do Partido Popular ás nenas e nenos de Oroso, que se suma ao sempriterno novo CEIP que nunca chega, salvo para a foto electoral, como ben se demostrou nas últimas eleccións onde o partido popular tivo a pouca vergoña de pór o cartaz do CEIP e ter máquinas removendo terra até tres días antes das eleccións, máquinas que agora xa non están alí.

As nove prazas amortizadas serían catro de infantil, unha de primaria, unha de educación física, unha de audición e linguaxe, unha de lingua estranxeira (inglés) e unha de educación musical.

Podedes ver toda a información sobre o CRA de Oroso na seguinte ligazón

Etiquetas: , ,

Nov. 21.

Día internacional contra a violencia machista

Día internacional contra a violencia machista.

Acto de reflexión colectiva o domingo 25 de novembro ás 17:00 horas na praza Isaac Díaz Pardo en Oroso.

Etiquetas: , , , ,

Nov. 14.

Magosto do BNG de Oroso.

Este venres, 16 de novembro, a partires das 18 horas na Alameda de Gois.

Acode, pasarémolo ben todas e todos xuntos.

Etiquetas: , , , , ,

Xul. 21.

A nova páxina web do BNG de Oroso para un tempo de alternativas

A nova páxina web do BNG de Oroso para un tempo de alternativas

http://www.bng-oroso.org

A deputada do BNG e secretaria de comunicación da Executiva Nacional, Carme Adán, presentou a nova web do BNG o 11 de maio.

Desde o BNG de Oroso imos sumarnos á páxina nacional da que Carme Adán salientou que “se trata dunha web moi visual coa que queremos presentarnos diante da sociedade galega como unha organización que leva moitos anos traballando por este país e todo gracias a moita xente, que de xeito anónimo e desinteresado, foi construíndo esta organización”.

Desde mañá sábado 21 de xullo e como antesala do que vai ser un día da patria masivo no que deixaremos claro que o que hai que rescatar non é á banca, senón os nosos dereitos, estará operativa a nova páxina web do BNG de Oroso, á que se pode acceder desde a ligazón: www.bng-oroso.org

Desde o BNG de Oroso desexamos que con esta nova web se nos coñeza mellor, que as nosas propostas sexan coñecidas en Internet e tamén que serva para espallar as nosas alternativas para saír da situación de crise actual.

Na nova páxina o BNG de Oroso tentará incluír, a máis de toda a información, tanto institucional como orgánica, todas as novas que consideremos de interese para as nosas veciñas e veciños.

Esta nova fiestra de información súmase á presenza activa nas redes sociais máis coñecidas por parte do BNG de Oroso, tendo perfís actualizados tanto en twitter como en facebook.

Etiquetas: , , ,