Arquivo por etiquetas: Partido Popular

Mar. 31.

Que vai quedar disto?

NON SE PODE RECORTAR SEN CONSECUENCIAS!!!

Galiza non se merece un goberno como o do Partido Popular.

O BNG súmase ás concentracións convocadas para este luns nas 7 cidades

O Bloque Nacionalista Galego vaise sumar mañá ás concentracións convocadas nas cidades galegas, e nalgunhas vilas, para denunciar a situación de abandono na que se atopa o monte galego, vítima dunha nova vaga de incendios forestais.

As concentracións vanse celebrar apartir das 20.30 horas.

O BNG ten denunciado que desde que goberna o Partido Popular os fondos públicos destinados á extinción e prevención de incendios teñen sufrido un recorte drástico. As consecuencias están agora dramaticamente á vista de todo o mundo, coas lapas a devorar espazos tan valiosos como as Fragas do Eume. Ao sumarse a estas concentracións, que xorden da propia sociedade galega, o BNG quer mostrar que partilla a indignación social ante o abandono do noso monte e a neglixente falta de previsión por parte dun Goberno galego que, pese á seca que sofremos este inverno, non activara aínda ao 100 por 100 o dispositivo de precampaña de loita contra os lumes.

Etiquetas: , , ,

Feb. 04.

A Área Pública da CIG oponse aos novos recortes nas condicións laborais e salariais do persoal da administración galega.

A CIG anuncia mobilizacións para exixir a súa retirada.

A Área Pública da CIG manifesta o seu rotundo rexeitamento ás medidas anunciadas pola conselleira de Facenda, no día de hoxe. Medidas que implican recortes nas condicións laborais e salariais e supresión de dereitos do persoal das administracións públicas.

A Xunta de Galiza pretende eliminar o cobro do 100% de salario en todas as baixas por debaixo dos 21 días, pode reducir de forma obrigatoria un terzo da xornada e, en consecuencia, de salario, aos traballadores e traballadoras interinos e contratados.

A CIG esixirá a reconsideración e retirada destas propostas ou, do contrario, convocará a todas as empregadas e empregados públicos a mobilizarse en defensa dos seus dereitos.

Podes ler o Anteproxeto de Lei de Medidas no Emprego Público na seguinte ligazón

Etiquetas: , , , ,