Arquivo por etiquetas: Queremos Galego

Xan. 23.

Polas fillas dos nosos fillos

IMG_0691.JPG

Etiquetas:

Xan. 15.

8 de febreiro: Queremos Galego convoca a todo o pobo galego a unha manifestación multitudinaria para defender a súa lingua

Polas fillas dos nosos fillos

Queremos Galego denuncia que “Feixó actúa para que desapareza o galego, o principal elemento de unión, cando máis necesario é”.

Para a Plataforma “É hora xa de rematar co quinquenio negro para a lingua galega impulsado por Núñez Feixó”.

Máis información na páxina de QueremosGalego.org

Etiquetas: , , , ,

Mai. 03.

#17M. Non queremos ser estranxeiras na propia patria.

Non queremos ser estranxeiras na propia patria

Non queremos ser estranxeiras na propia patria

(máis…)

Etiquetas: , , , , ,

Xan. 10.

Pola lingua que nos une

Cartaz Mani 27 Xaneiro
(máis…)

Etiquetas:

Dec. 17.

Nova páxina de Queremos Galego!

Xa podedes visitar a nova páxina de Queremos Galego.

A páxina non está feita por profesionais, pero cumpre os obxectivos para os que foi deseñada, que non son outros que os de informar das actividades da Plataforma.

Vós tamén podedes colaborar con Queremos Galego, só tedes que escribirlles un correo e seguro que vos dan o novo número de conta no que poder hacer a vosa pequena ou grande aportación.

Queremos Galego

 

Etiquetas:

Dec. 12.

Queremos Galego desenvolveu un acto ás portas de San Caetano para esixir a derrogación do Decreto contra o Galego e pedindo a retirada do anteproxecto da LOMCE

O Apalpador entregoulle ao conselleiro carbón pola actitude que mantén contra o galego e libros no noso idioma para que rectifique a súa políticia lingüística e defenda as competencias educativas fronte ao goberno central.
A plataforma Queremos Galego, da que forma parte a CIG-Ensino, iniciou o calendario de mobilizacións previsto para esixir a derrogación do Decreto 79/2010 contra o galego e a elaboración dunha nova norma que teña como punto de partida o Plan de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento no ano 2004, a través dun acto diante das dependencias da Xunta onde ademais exixiu a retirada do rascuño da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), popularmente coñecida como Lei da Wertgoña, pola involución que representa en canto ao uso das linguas diferentes ao castelán, nomeadamente a galega. Máis información en Queremos Galego ou CIG-Ensino

Etiquetas: , ,

Dec. 05.

ASINA o manifesto: Queremos Galego na Escola!

Queremos galego na escola!
Derrogación XA do decretazo!

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza determinou en varias sentenzas que os principais piares sobre os que se asenta o mal chamado “decreto do plurilingüismo” son ilegais. Ademais, indicoulle tamén ao Goberno galego que debe realizar unha política de promoción do idioma propio do país de acordo co estipulado pola Lei de normalización lingüística.

O Tribunal dálle así a razón aos miles de persoas que saíron á rúa nas históricas manifestacións convocadas en defensa da nosa lingua. Ao mesmo tempo, o discurso do PP sobre as linguas no ensino, que xa estaba deslexitimado pola súa falta de apoio nas comunidades educativas, por ser un discurso crispante, por ser antipedagóxico ou por vulnerar tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, está agora, ademais, claramente considerado pola xustiza como fóra da legalidade.

Este decretazo contra o galego debe ser derrogado de forma inmediata e o Goberno galego debe promulgar unha nova norma que se basee no acordado por unanimidade parlamentar no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que:

  • Garanta a educación en galego na educación infantil para todas as nenas e todos os nenos galegofalantes e poña especial atendemento didáctico na incorporación a este idioma por parte do alumnado
    residente en contextos familiares e ambientais castelanófonos, fixando, como mínimo, o 50% do horario semanal en galego nesta etapa educativa para os contextos e contornos en que a lingua predominante
    sexa o castelán, coa intención de que esta porcentaxe se vaia incrementando progresivamente.
  • Garanta que o alumnado reciba un mínimo do 50% da súa docencia en galego en primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos, que o galego non estea prohibido en ningunha materia e que todas e todos
    os estudantes finalicen cada etapa educativa con suficientes destrezas comunicativas en galego.

  • Desenvolva un plan de formación para que todo o persoal dos centros educaticos de Galiza teña unha competencia oral e escrita suficiente para comunicarse e para desenvolver a súa actividade profesional en galego.

Asina nesta Ligazon

Para recolleres asinaturas en papel podes descarregar o manifesto e imprimilo desde aquí e envíar despois as sinaturas a:

Plataforma Cidadá Queremos Galego

Avenida de Lugo 2A, entresollado A

15702 Santiago de Compostela


Etiquetas: ,

Mai. 16.

PAREMOS os ATAQUES contra o GALEGO

Etiquetas: , , ,

Abr. 09.


Paremos os ataques contra o galego.

A plataforma unitaria Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística e da que fan parte case 700 entidades sociais de todo tipo, presentou formalmente esta mañá en conferencia de imprensa a convocatoria de manifestación nacional para o vindeiro 17 de maio, cuxo lema central será nesta ocasión “Paremos os ataques contra o galego”.  

Tal e como explicou Carlos Callón, presidente da Mesa e portavoz nacional da plataforma, “sobran os motivos” para mobilizarse e para “ateigar de novo” as rúas e prazas de Santiago de Compostela este vindeiro Día das Letras, precisamente cando se fan tres anos da primeira das multitudinarias manifestacións que se sucederon nos últimos anos contra a “política de desmantelamento da cooficialidade lingüística” e de “caza de bruxas contra o galego” emprendida polo goberno de Alberto Núñez Feijóo.

“Nestes tres anos non se produciu nin un só adianto para o galego”, indicou Callón, e pola contra “o que hai é un goberno da Xunta máis preocupado en atacar a lingua propia e destruír a súa oficialidade que en resolver os problemas da xente”.

Para a ampla plataforma unitaria impulsora das máis multitudinarias mobilizacións cidadás en defensa do galego o actual goberno autonómico ultrapasou xa “moitas, demasiadas liñas vermellas”. Unha das máis recentes, recorda a plataforma, é “cuestionar”, mediante a “censura” de textos escolares, “que o galego é a lingua propia de Galiza”. “Hai agresións moi graves que a inmensa maioría da sociedade galega ninn aproba nin está disposta a tolerar”, advertiu Carlos Callón.

A conferencia de imprensa celebrada esta mañá, que serviu para presentar o deseño dos materiais da campaña informativa previa que a plataforma levará de aquí ao 17 de maio por vilas e cidades de toda Galiza e tamén a través das redes sociais, mediante o hashtag #17Mqueremosgalego, valeu tamén para constatar, unha vez máis, a censura informativa que padecen as actividades e iniciativas de Queremos Galego ou da Mesa pola Normalización Lingüística por parte da TVG. Co de hoxe son xa 117 días os que a televisión pública galega leva sen cubrir ningunha das informacións ou comparecencias da plataforma cidadá.

Etiquetas: , , , ,

Abr. 09.

Para os vosos perfís…

Etiquetas: ,