Arquivo por etiquetas: Sermos Galiza

Xul. 04.

O galego, a impunidade e a mentira

Sermos Galiza

O galego, a impunidade e a mentira.

Artigo de Anxo Louzao (Secretario Nacional da CIG Ensino)

Anxo LouzaoDebo recoñecer que a estas alturas non é doado que haxa actuacións da Consellería de Educación que me resulten sorprendentes. Son tantas, permanentes e disparatadas  as que levamos soportado que xa a un lle parece  que está inmunizado ante tanta impostura,   engano e demagoxia  que emanan dunha Consellería que, baixo a batuta de  Jesús Vázquez, usa constantemente, de maneira perversa, os medios institucionais e de comunicación  e os  recursos públicos para atacar o idioma e calumniar impunemente a organización maioritaria do profesorado galego, a CIG-Ensino. Mais a última deixoume abraiado.

Le o resto do artigo no Sermos

Etiquetas: , ,

Anxo Louzao
Dec. 07.

A derrogación do Decreto de Plurilingüismo: unha necesidade urxente para o futuro do idioma

Sermos Galiza

O día 22 de novembro comezaron facerse públicas as sentenzas que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) ditou en base aos recursos presentados por varias entidades. Catro son as sentenzas ditadas até agora, as suscitadas polos recursos presentados pola Mesa, por Queremos Galego e pola CIG-Ensino, integrante da plataforma Queremos Galego desde onde colabora activamente na promoción de todas as mobilizacións que se convocaron nestes anos.

Anxo LouzaoUnha semana despois saíu tamén a sentenza ao recurso presentado pola Real Academia Galega (RAG).Todas as sentenzas anulan e declaran ilegais aspectos fulcrais sobre os que pilota boa parte da política lingüística do PP. Afirma a sentenza que o artigo 5.2 do Decreto do plurilingüismo “vulnera a configuración do dereito fundamental á educación, posto que os poderes públicos teñen encomendada a programación xeral do ensino, de cuxa potestade a Administración, neste caso educativa, non pode abdicar, sometendo a votación un aspecto tan fundamental como a lingua a empregar na etapa de educación infantil”. A aplicación dese artigo no que estipulaba a realización dunha enquisa aos pais e nais para fixar a lingua de ensino supuxo que, nas cidades, o ensino en galego fose varrido das aulas de Educación Infantil, malia que, en moitos deles, máis do 40% dos pais/nais declaren ter como lingua “materna” o galego, independentemente de cal sexa a lingua maioritaria na contorna do alumnado. Ler artigo completo en Sermos

Etiquetas: , , , , ,

Xul. 08.

Etiquetas: ,

Xuñ. 30.

A que esperades para subscribirvos ao Semanario de Sermos Galiza!!

Etiquetas: , ,

Xuñ. 07.

Desde hoxe, Sermos Galiza cada sexta feira nos quioscos

Desde hoxe, Sermos Galiza cada sexta feira nos quioscos

Etiquetas: , , ,

Mai. 25.

Xa temos a versión móbil de http://www.sermosgaliza.com funcionando.

Etiquetas: ,

Abr. 22.

Sermos Galiza.

A información precisa.

Etiquetas: ,

Abr. 22.

Xa nos podemos suscribir ao semanario de SERMOS GALIZA?

Eu xa o fixen, e ti?

Xa falta menos para ter voz propia na Galiza!!!

Etiquetas: , , ,

Abr. 19.

Sermos Galiza

A redacción para un novo proxecto.

Unha redacción composta por cinco xornalistas, xunto cunha rede de persoas colaboradoras, son as responsábeis de botar a andar Sermos Galiza. Cun perfíl variado e con intereses profesionais en distintos ámbitos comunicativos, os cinco nomes compoñen o cadro de persoal inicial do novo xornal dixital e do semanario que nacerán en breve.

Co fin de artellar a redacción asumindo responsabilidades nas diversas áreas, os perfís profesionais escollidos responden tamén ás necesidades das distintas áreas comunicativas. Deste modo, Xesús Manuel Piñeiro, ocuparase dan sección de economía á que Sermos quere darlle o relevo que merece no momento de crise e desfeita do mundo laboral que vivimos. A súa experiencia en distintas cabeceiras de carácter diario dentro do ámbito da información económica avalan a súa traxectoria.

En distintos proxectos xornalísticos participou tamén Rodri Suárez, responsábel en Sermos da coordinación da área política, unha sección que se abre aos distintos aspectos sociais, organizativos e institucionais do acontecer galego.

Do mundo das organizacións non gubernamentais e o cooperativismo, con formación en temas de xénero e conciencia feminista, Beti Vázquez porase á fronte da área social do xornal.

Especial relevo daralle o novo xornal ao mundo da cultura. Propostas, iniciativas, protagonistas e análise da política institucional merecerán atención tanto no xornal dixital como no semanario. Como un novo elo na tradición do xornalismo galeguista e nacionalista, a cultura terá en Sermos un voceiro que pretende estar ao día, difundir, promover e ser un referente para un sector para quen a comunicación é un dos seus principais eixos. Carme Vidal e Antón Fernández Escuredo serán os xornalistas que se encargarán de abordar a información cultural en Sermos e porán ao tempo a atención noutras seccións novas que definen o perfil do medio informativo como será a preocupación pola recuperación da nosa memoria histórica.

A producción cultural dedicada ás crianzas terá tamén un espazo de privilexio en Sermos Galiza, en resposta á preocupación pola inmersión en galego nas idades primeiras. Música, teatro, libros, obradoiros e demais programacións ocuparán unha sección singular no panorama informativo galego.  

Etiquetas: , , , ,