Arquivo por etiquetas: Sinaturas

Xan. 25.

Que Google inclúa o Galego como opción de idioma na versión base de Android

O galego é a lingua dunhas 3.185.000 persoas segundo o Ethnologue, extendéndose pola totalidade do territorio da comunidade autónoma galega (onde é oficial), áreas de Asturias, O Bierzo, Zamora e Extremadura. Ademais é tamén falado pola ampla diáspora galega que se extende por todo o mundo. (máis…)

Etiquetas: , ,

Dec. 05.

ASINA o manifesto: Queremos Galego na Escola!

Queremos galego na escola!
Derrogación XA do decretazo!

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza determinou en varias sentenzas que os principais piares sobre os que se asenta o mal chamado “decreto do plurilingüismo” son ilegais. Ademais, indicoulle tamén ao Goberno galego que debe realizar unha política de promoción do idioma propio do país de acordo co estipulado pola Lei de normalización lingüística.

O Tribunal dálle así a razón aos miles de persoas que saíron á rúa nas históricas manifestacións convocadas en defensa da nosa lingua. Ao mesmo tempo, o discurso do PP sobre as linguas no ensino, que xa estaba deslexitimado pola súa falta de apoio nas comunidades educativas, por ser un discurso crispante, por ser antipedagóxico ou por vulnerar tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, está agora, ademais, claramente considerado pola xustiza como fóra da legalidade.

Este decretazo contra o galego debe ser derrogado de forma inmediata e o Goberno galego debe promulgar unha nova norma que se basee no acordado por unanimidade parlamentar no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que:

  • Garanta a educación en galego na educación infantil para todas as nenas e todos os nenos galegofalantes e poña especial atendemento didáctico na incorporación a este idioma por parte do alumnado
    residente en contextos familiares e ambientais castelanófonos, fixando, como mínimo, o 50% do horario semanal en galego nesta etapa educativa para os contextos e contornos en que a lingua predominante
    sexa o castelán, coa intención de que esta porcentaxe se vaia incrementando progresivamente.
  • Garanta que o alumnado reciba un mínimo do 50% da súa docencia en galego en primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos, que o galego non estea prohibido en ningunha materia e que todas e todos
    os estudantes finalicen cada etapa educativa con suficientes destrezas comunicativas en galego.

  • Desenvolva un plan de formación para que todo o persoal dos centros educaticos de Galiza teña unha competencia oral e escrita suficiente para comunicarse e para desenvolver a súa actividade profesional en galego.

Asina nesta Ligazon

Para recolleres asinaturas en papel podes descarregar o manifesto e imprimilo desde aquí e envíar despois as sinaturas a:

Plataforma Cidadá Queremos Galego

Avenida de Lugo 2A, entresollado A

15702 Santiago de Compostela


Etiquetas: ,

Asina contra a LOMCE
Nov. 26.

Asina Contra a LOMCE

Asina contra a LOMCEAsina pola retirada do anteproxecto da LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa).

Etiquetas: , ,

Nov. 21.

Asina pola retirada do anteproxecto da LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa).

Etiquetas: , ,

Feb. 21.

Non vos esquecer, o mércores todas e todas as que poidades temos unha cita en Compostela.

E acordarvos de asinar e pedirlle ás vosas compañeiras e compañeiros que asinen, podedes facelo na seguinte ligazón

Etiquetas: , , ,

Feb. 17.

Recollida de Sinaturas do Persoal do Consorcio.

Os e as abaixo asinantes, traballadores e traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, diante da situación actual de negativa a negociar un convenio para todas as traballadores e traballadores, a falta de garantías do mantemento dos postos de traballo e o inicio das privatizacións dos centros de nova apertura , esiximos:

1. Que se inicie un proceso negociador para aplicar a todo o persoal do Consorcio o Convenio único de persoal laboral da Xunta de Galicia como primeira medida.

2. Que todos os centros de nova apertura sexan de xestión pública e por tanto dependan directamente da Administración, incluídos os centros para os que xa se convocou a licitación da xestión privada.

3. Que se manteña o carácter público de todos os centros da rede así como o mantemento de todos os postos de traballo existentes a día de hoxe e se garanta a estabilidade de todas as traballadoras e traballadores.

Fotografías das Concentracións nas Galescolas

Etiquetas: , , , ,