Arquivo por etiquetas: Wert

Dec. 17.

A CIG-Ensino non descarta propor unha convocatoria de folga se Wert persiste en manter os contidos da LOMCE

Chama a participar nas mobilizacións convocadas pola Alianza Social Galega para o vindeiro día 20 de decembro, ás 19:00 horas.

Wert

A CIG-Ensino leva máis dun mes recollendo sinaturas e realizando asembleas en todos os centros para explicar o anteproxecto da LOMCE e as consecuencias que, de aplicarse, tería para o ensino.
Anxo Louzao, o seu secretario nacional, afirma que “non imos permanecer impasíbeis ante o ataque que supón para o sistema educativo, para a igualdade de oportunidades e para a galeguización do ensino”.
Por iso, fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas para o día 20 pola Alianza Social Galega e non desbota convocar mobilizacións máis contundentes, como pode ser unha folga “se o ministro persiste neste anteproxecto, que sería a liquidación dun ensino galego, científico e laico”. (máis…)

Etiquetas: ,

Out. 01.

Isto é o que temos com ministro de educación, non sabe nin como se titula na ESO.
Para os non docentes: como máximo e só en casos extraordinarios con tres asignaturas en TODA A ESO!!!

Etiquetas: ,