Xan. 30.

Xestionar as contas iCloud dunha familia

Fai anos, non tantos, que o o iPhone e a appstore non teñen moitos, cando comezamos a ter varios dispositivos de apple a todos lles puñamos a mesma conta de iCloud, a conta que case todos chamabamos a conta de compras.

Isto facilitaba que o que mercabas nun dispositivo xa estivese mercado para até 5 dispositivos e, incluso, que o iTunes match (si algúns o temos mercado) estivese activo en todos (até 5) os dispositivos da familia.

Todo funcionaba máis ou menos ben, salvo cando mercabas algo que non querías que o teu marido, ou a túa muller, ou os teus fillos viran.

O problema aparece cando chegan novas aplicacións asociadas ás contas de iCloud, podedes ver e oir sobre o tema en: Beta Privada

A solución xa a tiña meses antes Apple, Familia en iCloud, pero non moitos a usabamos, por vagancia, por non buscar información ou por non romper a cabeza, se todo funcionaba, por que cambiar.

Xusto antes de mercar o meu iPhone6Plus decidinme a cambiar e probar… na casa xa había 5 dispositivos iOS.

Primeiro problema, no iPod do peque, Adrián, non se pode pasar do iOS 6 así que alí segue instalada a “conta de compras” e segundo problema o iTunes match non está asociado á familia, só está asociado a unha conta… a ver se o pensan e tamén o deixan compartir, a música mercada si que se comparte,  o problema son os CDs subidos, que hai que subilos nun dispositivo para cada conta ou compartilos mediante “Compartir en casa”.

Unha vez aceptado isto, seguín adiante, primeiro din de alta a familia coa “conta de compras” e asociei a ela as contas iCloud dos outros membros da familia, sinxelo e nada complicado, na opción de iCloud do iOS ou do OSX.

A Alexandre e a Adrián os puxen como menores, polo que agora cando queren mercar algo só teñen que mercalo e ou a Celia ou a min (teño a “conta de compras” nos meus dispositivos) chéganos unha aviso para autorizar ou non, ah, este aviso chega sexa unha app gratuíta ou de pago.

En calquera dos dispositivos pódese ver o mercado por cada membro da familia (todas son pagadas pola “conta de compras”) e podes instalar calquera app que mercara calquera outro membro.

Todo funciona máis ou menos ben, pero ás veces, ao actualizar pide a contrasinal da “conta de compras”, imaxino que é debido a que estaban instaladas de antes… posto que no novo ordenador de Celia non hai un só problema.

Outro problema detectado, pero que aínda non estou seguro de se ten que ver coa conta familia, aínda que penso que si, é que no iPhone5S de Celia algunhas apps non se actualizan automaticamente. Outra vez creo que son as Apps mercadas con anterioridade, pero non penso tocarlle o móbil a non ser que o problema aumente.

No meu caso, con dous iPad e dous iPhones e con esta configuración todo vai como a seda e non teño chamadas que non sexan do meu dispositivo (isto non o entenderás se non escoitaches o podcast de BetaPrivada).

Por Onosolar | Publicado en Bitácora, Onosolar, Tecnoloxía | Comentarios e Trackback pechados