Categorías
CIGEnsino Ensino

A CIG-Ensino considera que o nomeamento de Vázquez como Conselleiro de Educación é unha mala nova para o sistema educativo galego

Esixirá un cambio rotundo, de 180º na política idiomática e educativa no ensino público galego.
A CIG-Ensino considera que o nomeamento de Vázquez é unha mala nova para o sistema educativo galego e supón premiar coa continuidade á fronte da Consellaría a quen se caracterizou por desenvolver un mandato destrutivo para o ensino público e realizar unha persecución permanente do noso idioma.
O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, valorou que “o nomeamento de Vázquez como Conselleiro de Educación vén a amosar a desconsideración máis absoluta do Presidente da Xunta de Galiza co profesorado e coa comunidade educativa.”

Categorías
CIG

A folga de fame contra a represión sindical chega á cuarta xornada con continuas mostras de solidariedade

20121127-145323.jpg

Categorías
CIG

Non á represión Sindical

20121127-010932.jpg

Solidariedade cos compañeiros condenados por defender os dereitos das traballadoras e dos traballadores.

20121127-011421.jpg

20121127-011432.jpg

Categorías
CIGEnsino Ensino Lingua

A CIG-Ensino destaca que o TSXG tumba piares básicos nos que se asenta o Decreto de Plurilingüismo

A CIG-Ensino esixiu hoxe en rolda de prensa a súa derrogación e que se restableza o consenso do Plan Xeral de Normalización Lingüística do 2004
A CIG-Ensino destacou hoxe que coa sentenza na que estima parcialmente o recurso presentado pola central sindical ao Decreto 79/2010 de Plurilingüismo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declara ilegal o decreto en aspectos claves e tumbas dous dos piares básicos nos que se asenta a política lingüística do PP. O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, destacou nunha rolda de prensa na que participou tamén a responsábel de Normalización, Marta Dacosta, a contundencia da sentenza e esixiulle á Xunta que rectifique e derrogue o decreto, retomando o consenso social ao que se chegou no 2004, co Plan Xeral de Normalización Lingüística.
Categorías
CIGEnsino

Asina Contra a LOMCE

Asina contra a LOMCEAsina pola retirada do anteproxecto da LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa).