Categoría: Deporte
#ForzaDépor
Sabes que vai pasar…
Sabes que deso non vives…
Sabes que hai mil cousas máis importantes…
Sabes que é unha bobada, pero tes bágoas nos ollos.
Sabes que es do Deportivo e sabes que o es pase o que pase!
#Voltaremos
#ForzaDépor
Hoxe rematou a primeira fase, ou liga regular, das categorías inferiores do Hóckey Galego.
Unha gozada para min formar parte do Hóckey Club Raxoi, un club que por riba de todo busca que os nenos e nenas gocen co deporte.
Pero como todo club deportivo tamén quere gañar, e na liga regular que rematou hoxe todo saiu a pedir de boca, e en todas as categorías.
Nesta ligazón podedes ver a que me refiro, pero eu o que quero hoxe é dar os parabéns ao meu peque.
Miña nai deume vida, o hockey ganas de vivila???
Este é o seu estado de whatsapp así que poderedes comprender o feliz que pode estar hoxe.
Parabéns Adrián, ou digo Boqui?
