Categorías
CIGEnsino Ensino Lingua Política Queremos Galego

A derrogación do Decreto de Plurilingüismo: unha necesidade urxente para o futuro do idioma

Sermos Galiza

O día 22 de novembro comezaron facerse públicas as sentenzas que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) ditou en base aos recursos presentados por varias entidades. Catro son as sentenzas ditadas até agora, as suscitadas polos recursos presentados pola Mesa, por Queremos Galego e pola CIG-Ensino, integrante da plataforma Queremos Galego desde onde colabora activamente na promoción de todas as mobilizacións que se convocaron nestes anos.

Anxo LouzaoUnha semana despois saíu tamén a sentenza ao recurso presentado pola Real Academia Galega (RAG).Todas as sentenzas anulan e declaran ilegais aspectos fulcrais sobre os que pilota boa parte da política lingüística do PP. Afirma a sentenza que o artigo 5.2 do Decreto do plurilingüismo “vulnera a configuración do dereito fundamental á educación, posto que os poderes públicos teñen encomendada a programación xeral do ensino, de cuxa potestade a Administración, neste caso educativa, non pode abdicar, sometendo a votación un aspecto tan fundamental como a lingua a empregar na etapa de educación infantil”. A aplicación dese artigo no que estipulaba a realización dunha enquisa aos pais e nais para fixar a lingua de ensino supuxo que, nas cidades, o ensino en galego fose varrido das aulas de Educación Infantil, malia que, en moitos deles, máis do 40% dos pais/nais declaren ter como lingua “materna” o galego, independentemente de cal sexa a lingua maioritaria na contorna do alumnado. Ler artigo completo en Sermos

Categorías
CIGEnsino Ensino Lingua Queremos Galego

ASINA o manifesto: Queremos Galego na Escola!

Queremos galego na escola!
Derrogación XA do decretazo!

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza determinou en varias sentenzas que os principais piares sobre os que se asenta o mal chamado “decreto do plurilingüismo” son ilegais. Ademais, indicoulle tamén ao Goberno galego que debe realizar unha política de promoción do idioma propio do país de acordo co estipulado pola Lei de normalización lingüística.

O Tribunal dálle así a razón aos miles de persoas que saíron á rúa nas históricas manifestacións convocadas en defensa da nosa lingua. Ao mesmo tempo, o discurso do PP sobre as linguas no ensino, que xa estaba deslexitimado pola súa falta de apoio nas comunidades educativas, por ser un discurso crispante, por ser antipedagóxico ou por vulnerar tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, está agora, ademais, claramente considerado pola xustiza como fóra da legalidade.

Este decretazo contra o galego debe ser derrogado de forma inmediata e o Goberno galego debe promulgar unha nova norma que se basee no acordado por unanimidade parlamentar no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que:

  • Garanta a educación en galego na educación infantil para todas as nenas e todos os nenos galegofalantes e poña especial atendemento didáctico na incorporación a este idioma por parte do alumnado
    residente en contextos familiares e ambientais castelanófonos, fixando, como mínimo, o 50% do horario semanal en galego nesta etapa educativa para os contextos e contornos en que a lingua predominante
    sexa o castelán, coa intención de que esta porcentaxe se vaia incrementando progresivamente.
  • Garanta que o alumnado reciba un mínimo do 50% da súa docencia en galego en primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos, que o galego non estea prohibido en ningunha materia e que todas e todos
    os estudantes finalicen cada etapa educativa con suficientes destrezas comunicativas en galego.

  • Desenvolva un plan de formación para que todo o persoal dos centros educaticos de Galiza teña unha competencia oral e escrita suficiente para comunicarse e para desenvolver a súa actividade profesional en galego.

Asina nesta Ligazon

Para recolleres asinaturas en papel podes descarregar o manifesto e imprimilo desde aquí e envíar despois as sinaturas a:

Plataforma Cidadá Queremos Galego

Avenida de Lugo 2A, entresollado A

15702 Santiago de Compostela


Categorías
Ensino Oroso

Charla-Coloquio sobre a LOMCE no CEIP Sigüeiro

Cartaz Charla LOMCE o 13 de nadal

O Xoves 13 de decembro ás 19 horas no Salón de Actos do CEIP de Sigüeiro.
Categorías
CIGEnsino Ensino

A CIG-Ensino considera que o nomeamento de Vázquez como Conselleiro de Educación é unha mala nova para o sistema educativo galego

Esixirá un cambio rotundo, de 180º na política idiomática e educativa no ensino público galego.
A CIG-Ensino considera que o nomeamento de Vázquez é unha mala nova para o sistema educativo galego e supón premiar coa continuidade á fronte da Consellaría a quen se caracterizou por desenvolver un mandato destrutivo para o ensino público e realizar unha persecución permanente do noso idioma.
O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, valorou que “o nomeamento de Vázquez como Conselleiro de Educación vén a amosar a desconsideración máis absoluta do Presidente da Xunta de Galiza co profesorado e coa comunidade educativa.”

Categorías
CIGEnsino Ensino Lingua

A CIG-Ensino destaca que o TSXG tumba piares básicos nos que se asenta o Decreto de Plurilingüismo

A CIG-Ensino esixiu hoxe en rolda de prensa a súa derrogación e que se restableza o consenso do Plan Xeral de Normalización Lingüística do 2004
A CIG-Ensino destacou hoxe que coa sentenza na que estima parcialmente o recurso presentado pola central sindical ao Decreto 79/2010 de Plurilingüismo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declara ilegal o decreto en aspectos claves e tumbas dous dos piares básicos nos que se asenta a política lingüística do PP. O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, destacou nunha rolda de prensa na que participou tamén a responsábel de Normalización, Marta Dacosta, a contundencia da sentenza e esixiulle á Xunta que rectifique e derrogue o decreto, retomando o consenso social ao que se chegou no 2004, co Plan Xeral de Normalización Lingüística.