As que me coñecedes e as que me seguides en twitter, e de rebote en facebook ou calquera outra rede social, saberedes que son calificado por moita xente de fanboy de apple, e non podo negar que teño un #macbookPro de 13 pulgadas de mediados de 2010, un #iPad4 e un #iPhone6plus e até fai pouco tempo usaba todos os seus servizos (mail, appstore, en familia da appstore, icloud, podcasts, mensaxes, applemusic, fotos…) e estaba moi contento de como estes funcionaban e melloraban pouco a pouco.
Tampouco podo negar que na miña casa todas sexamos usuarios de apple en maior ou menor medida.
Vouvos pegar aquí un comentario feito na páxina de @AgosReigosa, xa que recolle a miña chegada ao mundo apple.
A miña historia con Apple nace a raiz de regalarlle o que eu entendía como un timo á miña muller, un macbook “blanquito”… de aí pasei ao meu primeiro iPhone, un 3G de movistar (viña xa de ter dous “móbiles” windows mobile) e un macbook pro 13pulgadas de mediados de 2010, que segue a ser o meu equipo principal.
Despois disto pasei por 3GS, 4, 4S, 5S, 6plus… mentras na casa apareceron ou herdaron outro macbook pro de 13 (este retina, substituíndo ao blanquito), o meu iphone 5S (pasou por Celia e agora teno Adri) un iPhone 6 (Alex), un iPhone 6S (Celia), un MacMini (Adri).
En definitiva un fanboy namorado por completo até que nos últimos tempos comezo a dubidar se seguir con apple ou darlle unha oportunidade a Android.