Categorías
Onosolar Tecnoloxía Ventas

[#MercadillOnL] Vendo Gear S3 frontier impecábel. Só 250€

Vendido!

Vendo Gear S3 frontier de Samsung impecábel.

O 24 de xaneiro fai un ano polo que lle resta un ano de garantía.

Categorías
CIG CIGEnsino Mobilizacións Onosolar oNosoPodcastLar Queremos Apple Galego Tecnoloxía

As FOLGAS non serven para nada

VI capítulo

Apple en Galego

Queremosapplegalego.me

Twitter: @AppleEnGalego

Resposta a que mac merco dun capítulo anterior.

Oposicións – Interinas – Listas de agarda.

Rumores e mentiras.

Gear S3 de Samsung e iOS.

Cando a compatibilidade non é tal cousa.

Endomondo.

#TeimasOnL

As folgas non serven para nada.

Máis información

E cando todo remata… unha sorpresa máis

Categorías
oNosoPodcastLar Tecnoloxía

De iOS cara Android? Se ninguén che cría #FanBoy

Segundo capítulo de oNosoPodcastLar.

Reinstalación dun MacBookPro

De iOS cara Android.

Páxina de Queremos Apple Galego

Redes Sociais e empresas.

Algo de series.

Agora tamén en  iTunes e iVoox

Artigos de #oNosoPodcastLar en Onosolar.gal

Páxina de #oNosoPodcastLar

Podes falar comigo en @Onosolar ou neste formulario de contacto.

Onosolar.gal

Categorías
CIG CIGEnsino Onosolar oNosoPodcastLar Tecnoloxía

001 oNosoPodCastLar

Neste capítulo falamos dos análises nos blogs e a autonomía dos aparellos, un pouco do Gear S3, das mobilizacións da semana e da oferta de emprego público no ensino.

Agora tamén en  iTunes e iVoox

Artigos de #oNosoPodcastLar en Onosolar.gal

Páxina de #oNosoPodcastLar

Podes falar comigo en @Onosolar ou neste formulario de contacto.

Onosolar.gal

Categorías
Bitácora Onosolar Queremos Apple Galego Tecnoloxía

 A última época de #apple vista por un #fanboy 

As que me coñecedes e as que me seguides en twitter, e de rebote en facebook ou calquera outra rede social, saberedes que son calificado por moita xente de fanboy de apple, e non podo negar que teño un #macbookPro de 13 pulgadas de mediados de 2010, un #iPad4 e un #iPhone6plus e até fai pouco tempo usaba todos os seus servizos (mail, appstore, en familia da appstore, icloud, podcasts, mensaxes, applemusic, fotos…) e estaba moi contento de como estes funcionaban e melloraban pouco a pouco.

Tampouco podo negar que na miña casa todas sexamos usuarios de apple en maior ou menor medida.

Vouvos pegar aquí un comentario feito na páxina de @AgosReigosa, xa que recolle a miña chegada ao mundo apple.

A miña historia con Apple nace a raiz de regalarlle o que eu entendía como un timo á miña muller, un macbook “blanquito”… de aí pasei ao meu primeiro iPhone, un 3G de movistar (viña xa de ter dous “móbiles” windows mobile) e un macbook pro 13pulgadas de mediados de 2010, que segue a ser o meu equipo principal.

Despois disto pasei por 3GS, 4, 4S, 5S, 6plus… mentras na casa apareceron ou herdaron outro macbook pro de 13 (este retina, substituíndo ao blanquito), o meu iphone 5S (pasou por Celia e agora teno Adri) un iPhone 6 (Alex), un iPhone 6S (Celia), un MacMini (Adri).

En definitiva un fanboy namorado por completo até que nos últimos tempos comezo a dubidar se seguir con apple ou darlle unha oportunidade a Android.